A Xunta abre unha nova convocatoria para seleccionar novos proxectos para a aceleradora BFAero

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

A aceleradora Business Factory Aero, que forma parte do Polo Aeroespacial de Galicia impulsado a través da Civil UAVs Initiative da Xunta de Galicia, lanzou a súa segunda convocatoria para captar talento e seleccionar seis novos proxectos innovadores con drons e vehículos non tripulados.

Tres serán para a fase de incubación e outros tres para a de aceleración. O prazo de presentación de iniciativas estará aberto ata o día 15 de novembro. O presidente da Fundación CEL-Iniciativas por Lugo, Luis García Santalla, explicou que este é un novo paso para afrontar novos retos e marcar a axenda do sector aeronáutico de Galicia.

As empresas do sector aeronáutico de toda España que teñan unha idea innovadora para o uso de vehículos non tripulados poden presentarse a este programa, que conta co apoio de entidades públicas e multinacionais. BFAero ofrece aos seus proxectos un plan de desenvolvemento e lanzamento, cunha duración de 24 meses para a etapa de incubación e de 12 meses para a de aceleración. Os proxectos contan con asesoramento tecnolóxico e poderán acceder a clientes potenciais e internacionais.

(Fonte: La Voz de Galicia)