Xesol sela o seu maior contrato e aterra en Estados Unidos

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Xesol Innovation, empresa galega con sede en Tecnópole, mete unha marcha máis na carreira cara ao coche intelixente. A compañía, que ten no seu horizonte a saída a Bolsa, acaba de selar o maior contrato da súa historia cun fabricante de vehículos eléctricos ao que lle subministrará a súa solución Xesol Drive.

Trátase dun sistema avanzado de asistencia para a condución que, a través de cámaras e sensores de apoio, detecta as traxectorias dos outros vehículos cos que se comparte vía, aos peóns que ocupan a calzada ou os sinais de tráfico. O sistema advirte ao condutor destes riscos para así evitar a colisión.

Xesol Innovation, que participará a finais de febreiro no Mobile World Congress e que estivo presente no CES Las Vegas, a maior feira tecnolóxica do mundo, constituíu tres novas filiais. Trátase de Xesol Biometrics e Xesol SLAM, ambas as dúas dotadas cun capital de 50.000 euros e de Xesol Innovation Inc. Con esta última, que ten sede en California (EE UU), achegarase ao ecosistema de empresas locais dedicadas a servizos de mobilidade intelixente, coas que ampliará o seu abano de potenciais clientes, e botará raíces de cara á súa posterior saída á Bolsa americana.

A primeira destas sociedades céntrase no desenvolvemento de tecnoloxía biométrica. A través da técnica do recoñecemento facial, só permite o arranque do vehículo a aqueles usuarios previamente rexistrados, como os seus donos, o que atallará o problema dos roubos de coches. Ademais, tamén alertará ao condutor en caso de que detecte signos de fatiga e distraccións ao volante. O Xesol Biometrics comercializarase de xeito independente a condutores que decidan equipalo nos seus vehículos e a fabricantes que decidan incluír esta solución como un dos complementos reclamo para a compra dos seus coches.

Desta filial corre cargo tamén o desenvolvemento do Xesol ID, unha ferramenta que permitirá a xestión remota do arranque do vehículo. A compañía impulsa o desenvolvemento desta tecnoloxía para internarse no nicho duns servizos de aluguer de vehículos á alza nas grandes cidades, que serían as principais clientas deste servizo.

A segunda filial creada, Xesol SLAM, permitirá realizar mapas co estado das estradas en tempo real, ofrecendo aos condutores cales son as rutas máis rápidas para chegar ao destino. A ferramenta atopa nunha fase avanzada do seu proceso de desenvolvemento e prevese que estea dispoñible antes do verán. Co Xesol Slam, a empresa galega aspira a converterse na competencia directa de Google Maps.

Saída a Bolsa

A empresa estuda unha decena de operacións corporativas coas que gañar tamaño e atractivo de cara á súa saída a Bolsa. Tras descartar a súa idea inicial de cotizar o Mercado Alternativo de Investimento da Bolsa de Londres debido á inestabilidade polo Brexit, a compañía márcase o obxectivo de aterrar ao longo do ano 2019 no Nasdaq estadounidense, o maior índice de compañías tecnolóxicas do mundo.

A firma, con 41 empregados en equipo, utilizará como referencia para a súa saída a Bolsa un estudo de Gesvalt, que a valoraba en 230,4 millóns de euros e aspira a uparse ao podio dun sector alza e que conta coa húngara Almotive e á israelí Mobileye como principais expoñentes. Esta última foi comprada no verán por Intel por 15.300 millóns de dólares.

(Fonte: Faro de Vigo)