Xesgalicia e a cúpula do fondo Magallanes invisten na fintech TxStockData

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

TxStockData, que ofrece servizos financeiros dende Tecnópole a través das novas tecnoloxías acaba de pechar unha rolda de financiamento de 175.000 euros procedentes de entidades como Xesgalicia e investidoras como Blanca Hernández ou Mónica Declau, CEO e directora financeira, respectivamente, da xestora de fondos Magallanes Value.

TxStockData ten como bandeira a app Coinscrap, que redondea ao euro máis próximo calquera compra pagada con tarxeta e cuxas cantidades se transfiren a un produto deseñado por unha aseguradora. Por exemplo, nunha compra de 20.53 euros no supermercado, colleríanse 21 euros, dos cales a citada cantidade iría destinada a pagar no establecemento e os 47 céntimos restantes se traspasarían a este vehículo.

Segundo David Conde, CEO da empresa e premiado como mellor emprendedor da Asociación de Jóvenes Empresarios de Vigo, a aplicación nace coa intención de "democratizar o aforro". Coinscrap, ademais, gañou en 2016 a edición do Galicia Open Future que impulsa Telefónica, o que lle permitiu obter 25.000 euros de financiamento inicial.

(Fonte: Faro de Vigo)