Xenoma España solicita propostas de proxectos de desenvolvemento tecnolóxico para participar no Programa InnoCash 2011

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A Fundación para o Desenvolvemento da Investigación en Genómica e Proteómica (Xenoma España) solicita propostas de proxectos de desenvolvemento tecnolóxico para participar na fase de financiamento do Programa InnoCash 2011, na Liña de Crédito a Segundas Roldas de Inversión e na Liña de Crédito para a Transferencia de Proxectos da Carteira Tecnolóxica de Xenoma España.
 
Para esta convocatoria, referente á fase de financiamento, terá como prazo máximo para a presentación de solicitudes o 30 de abril de 2012 (segundo dispoñibilidade presupostaria) e ten como finalidade mobilizar o investimento privado para desenvolver e explotar comercialmente resultados de I+D xerados en centros de investigación, impulsar a produtividade das empresas e xerar emprego de alta calidade.
 
Os proxectos candidatos a financiamento InnoCash deben incorporar, de forma demostrable, no desenvolvemento tecnolóxico resultados xerados en centros de investigación. Ademais, han de achegar unha clara innovación orientada ao mercado, así como un plan de negocio realista. Por outra banda, teñen que mobilizar o investimento privado, firmemente comprometido, de polo menos un importe igual ao do total crédito solicitado.
 
Os beneficiarios que poderán optar ao financiamento, a través de créditos, serán as empresas de base tecnolóxica (EBT) ou Agrupacións de Interese Económico (AIE) que vaian iniciar proxectos de desenvolvemento tecnolóxico. O período de execución dos proxectos comeza o 01/01/2011 e remata o 31/06/2015, sendo a duración máxima de cada proxecto de trinta e seis meses.
 
Financiarase o desenvolvemento tecnolóxico do proxecto InnoCash a través dun crédito en condicións vantaxosas. O importe do crédito concedido non superará o 50% dos gastos elixibles do proxecto, podendo alcanzar un máximo de 1.000.000 euros.
 
Os créditos terán unha duración de 13 anos, cun período de amortización do principal de 10 anos (en amortizacións anuais) e un período de carencia no retorno de capital de 3 anos (dende a data de desembolso). O tipo de interese será fixo ao 4'76% anual sobre o capital pendente de amortizar dende o momento de concesión do empréstito.
 
(Fonte: Boletín Oficial del Estado)