Representantes de pemes e entidades galegas do sector das enerxías renovables están convocados á xornada organizada no marco do proxecto europeo ER-INNOVA, do que Tecnópole é xefe de fila, sobre as próximas convocatorias do tema Enerxía e dos Programas Regions of Knowledge e Research Potential do Sétimo Programa Marco (FP7).
Agroamb, grupo líder en Galicia na valorización de residuos biodegradables para fertilización de chan agrícola e forestal, comezou xa as obras de ampliación das súas instalacións técnicas, situadas no lugar de Ponte de Outeiro, en Castro de Rei (Lugo), para poder cubrir a demanda que ten. A empresa conta tamén cun centro de traballo en Tecnópole.
A empresa Formato Verde, con sede en Tecnópole, puxo en funcionamento unha proba piloto no concello madrileño de Colmenar Viejo. Trátase dun sistema pioneiro de xestión online de recollida de residuos urbanos, cuxo obxectivo será realizar unha recollida máis eficiente en tempo e custos.
Denomínanse ITS, sistemas intelixentes de transporte, e salvaron moitas vidas nas estradas galegas: radares, paneis informativos, airbags, sistemas de freado e de control de tráfico. Recentemente celebrouse unha xornada en Santiago na que se presentou o programa Siscoga, un proxecto de I+D posto en marcha pola Dirección Xeral de Tráfico (DGT) e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia para interconectar os coches coas infraestruturas viarias e reducir así a sinistralidade nas estradas.
A Fundación Cotec reclama á banca que conceda máis empréstitos ás empresas innovadoras para evitar que todo o peso recaia na Administración. O gasto en I+D caeu un 1,7% en 2010, segundo o avance feito público polo INE. Trátase do segundo ano consecutivo de descenso dende 1994, provocado polo menor gasto público e a restrición de crédito ás pemes.
O Consello de Ministros aprobou a firma do convenio entre o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e a Empresa Nacional de Innovación, ENISA, que permitirá a implementación en 2011 dunha liña de financiamento para o desenvolvemento de proxectos de pequenas e medianas empresas (PEMES) de base tecnolóxica (liña EBT).
O catedrático de Fisioloxía, investigador e exministro de Sanidade Bernat Soria avoga pola colaboración público-privada en investigación como vía para camiñar cara a "modelos que permitan funcionar mellor". O científico defendeu os "modelos mixtos" nunha conferencia organizada polo grupo Agora UDC -que aspirará ao Reitorado coruñés nas próximas eleccións- que se celebrou na sede da Coruña da Fundación Caixa Galicia e na que Soria expuxo os beneficios do investimento en investigación para o conxunto da sociedade.
Cando dentro de centos de anos os arqueólogos descubran algún vestixio da sociedade de hoxe, é probable que atopen antes restos de lixo que de arte ou arquitectura. Dende que, en 1909, o químico estadounidense de orixe belga Leo Hendrik Baekeland obtivo o primeiro polímero sintético, a baquelita, vivimos envoltos nun mundo que depende do plástico, un dos materiais máis daniños para o medio ambiente. Unha botella de auga ou un vaso desbotable poden tardar entre cen e mil anos en ser asimilados de novo pola natureza.
O grande incendio desatado días atrás no norte de Ibiza (Baleares) foi o desgraciado pistoletazo de saída para a campaña de verán de todos os implicados en loita contra os incendios forestais. Uns incendios que, na última década, arrasaron cada ano unha media de 127.209 hectáreas de superficie forestal, segundo as estatísticas do Ministerio de Medio Ambiente.
O centro tecnolóxico español Cidaut investiga unha novidosa tecnoloxía destinada a atenuar o ruído das cidades. Baixo o paraugas do proxecto Pass By, Cidaut traballa con novos materiais co fin de fabricar pavimentos das beirarrúas, estradas ou vías do ferrocarril que reduza ata case desaparecer as vibracións, o ruído e a contaminación.
Tarde ou cedo, as renovables serán as protagonistas do mix enerxético. Para lograr un sistema fiable, seguro e rendible, que permita que en todos os fogares se tome o café quente pola mañá con enerxía limpa, resulta esencial poder almacenala para cando non sopre o vento ou non haxa sol.
Os fármacos oncolóxicos e neurodexenerativos acaparan a maior parte dos 500 millóns que as biotecnolóxicas invisten cada ano en España. Este presuposto repártese entre as empresas que integran cada área na que se divide o sector: vermella (medicamentos), azul (ciencias mariñas), branca (ámbito industrial) e verde (agroalimentación).