Wattio lanza o primeiro servizo domótico intelixente en España que axuda ao coidado de persoas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

En España, dentro de 15 anos case 12 millóns de persoas terán máis de 65 anos, e na actualidade hai dous millóns de persoas que viven soas. É por iso polo que a sociedade española ten un reto importante no seu coidado.

O 80% das persoas que viven soas e necesitan axuda queren continuar vivindo no seu fogar. Non nos gusta perder esa autonomía e seguridade, por iso esta ferramenta facilita o coidado destas persoas sen interferir no seu día a día mentres gozan da comodidade do seu fogar.

¿Por que é innovador?

Os servizos de teleasistencia tradicionais obrigan as persoas a levar sempre enriba un dispositivo, cousa que non sempre acontece. Mediante o uso de intelixencia artificial e de tecnoloxía domótica Wattio Conecta evita que as persoas teñan que acordarse de levar un dispositivo enriba, non teñen que facer nada especial. É o único servizo en España deste tipo.

Este paquete de tecnoloxía e servizos está orientado a persoas que queren dispoñer dunha ferramenta que facilite o coidado dos seus seres queridos sen que isto supoña cambiar o seu modo de vida, de maneira que lles permita seguir gozando dos seus fogares con total autonomía e seguridade.

Wattio Conecta detecta a rutina dos nosos seres queridos e avisa se acontece algo inusual para poder actuar. Este novo servizo innovador ofrece ao familiar maior seguridade e tranquilidade ao saber que a súa persoa querida fai a súa vida de xeito normal. Dende o Smartphone disporá do rexistro de actividade para estar ao tanto do que sucede, estea onde estea.

Por exemplo, a aplicación avisa a persoa coidadora ou familiar en caso de que o seu ser querido non se levantara pola mañá, saíra da casa pola noite ou non vira o seu programa favorito na TV. Todas elas situacións que indican que algo non está a funcionar con normalidade e actuaremos en consecuencia.

Un servizo completo e alcanzable

Tras contratar o servizo online, un profesional cualificado instala na casa dos nosos seres queridos o equipo domótico. A instalación é moi sinxela e realízase en menos dunha hora, sen necesidade de obras. Unha vez instalado, o sistema aprende a rutina deste familiar en dúas semanas. Por último, a aplicación é moi doada de usar e permite coñecer todo o que sucede nas casas dos nosos seres queridos coma se estivésemos alí. O servizo, todo incluído costa 23,90 € ao mes e non leva consigo cota de alta.

Esta innovadora iniciativa representa o primeiro servizo en España de Internet das Cousas aplicado ao coidado de persoas sen que estas teñan que portar ningún dispositivo, nin cambiar os seus hábitos no seu día a día.

Este novo fito tecnolóxico de Wattio está aliñado coa súa estratexia de innovación para crear servizos domóticos relevantes que axuden ás persoas a vivir mellor, máis seguros e aforrar enerxía.

(Fonte: APTE)