Vodafone e Naturgy alíanse na revisión de redes eléctricas con drons

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Vodafone España e Naturgy estableceron unha alianza no ámbito da revisión dos tendidos eléctricos utilizando drons controlados pola rede de telefonía móbil máis alá da liña de vista para realizar o primeiro voo piloto deste tipo. Un proxecto ao que se sumou a startup FuVeX, especializada no segmento da aviación non tripulada.

Esta iniciativa é posible grazas a que a Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) concedeu a primeira autorización de voos de drons máis alá da liña de vista sobre liñas eléctricas a nivel nacional. Con todo, esta autorización ten aínda limitacións operativas e por esta razón as tres empresas están a traballar dentro do marco do proxecto europeo RIMA (Robotics for Infrastructure Inspection and Maintenance) para impulsar a industria europea dos drons de longo alcance.

Desta maneira, a revisión dos miles de quilómetros de liñas eléctricas de Naturgy poderán ser substituídos nun futuro próximo por drons controlados de forma remota desde as oficinas da propia compañía enerxética. Ademais, Vodafone, Naturgy e FuVeX comprometéronse a operar os primeiros voos de drons de longo alcance este mesmo ano, para comezar a inspección de todo o tendido eléctrico da empresa de enerxía.

“Este proxecto coloca á industria española á vangarda de Europa no control dos drons mediante rede móbil para monitorizar o estado das liñas eléctricas de maneira remota e segura moito máis alá da limitación actual de 500 metros”, sinalaron estas compañías, engadindo que para voar de forma segura e controlada é necesario contar con sistemas de comunicación robustos como o das infraestruturas de 4G e 5G, e con tecnoloxías como RPS (Radio Positioning System) que permiten situar ao dron e controlalo en todo momento.

“A tecnoloxía RPS permite unha estimación moi precisa da posición do dron a través da súa tarxeta SIM, proporcionando unha fonte alternativa á tradicional baseada nas coordenadas GPS”, explicaron.

Fonte: Cinco Días