A viguesa InovaLabs crea un sistema para aforrar en robots

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A peme viguesa InovaLabs creou un simulador dixital que permite ás empresas calcular se a robotización dun sistema lles sairá rendible ou non. Alberto Casal, director xeral da empresa con sede na Zona Franca de Bouzas, sinalou as vantaxes desta ferramenta durante a celebración de "Oportunidades da Transformación Dixital" organizada por CIE Tecnologías.

Simula 4.0, nome da ferramenta, permite recrear nun ámbito virtual a liña de produción da súa factoría e elixir que puntos quere automatizar. Casal destacou que hoxe en día pode robotizarse practicamente todo un procedemento. Pero poñer en marcha isto require investimento en maquinaria e o traballo de enxeñeiros de automatización, polo que o simulador permite ao empresario coñecer que investimentos lle sairán rendibles e poderá tomar desta forma decisións mellor informadas. Isto permite optimizar os tempos de produción sen necesidade de realizar estudos dentro da factoría.

Na súa presentación Casal tamén recordou o proxecto Greta, unha ferramenta dedicada ao aforro enerxético dentro da empresa a través do paso de datos e a modilización. Tamén puxo de relevancia o potencial dalgunhas ferramentas en desenvolvemento, como a realidade aumentada, que facilitará os traballos de precisión.

As persoas, eixe da industria 4.0

Na xornada tamén interveu Pierre Ianni, exdirector da factoría de PSA Vigo entre os anos 2007 e 2013. Actualmente está xubilado aínda que ten unha consultoría sobre formación en liderado que dirixe dende Arxentina.

No seu relatorio Ianni deixou claro que o eixe da Industria 4.0 "son as persoas" e destacou que "o benestar do traballador non debe ser sacrificado nin nos momentos máis difíciles da empresa". O exdirectivo recordou a súa etapa como operario en PSA Socheaux -"onde en 1972 había 42.000 operarios e hoxe son 7000"- antes da súa incorporación como enxeñeiro ao grupo.

"En 10 anos os millenials serán o 75% da forza laboral", destacou Ianni. Sobre este colectivo sinalou que quere ser liderado por alguén que o motive" e que son un grupo de traballadores "que necesitan saber o por que dunha decisión para seguila". Por iso considerou que a Industria 4.0 "máis que tecnoloxía é transformación organizacional".

Ianni rematou cunha reflexión que causou risa na audiencia. "Os robots son máis produtivos cando os sensores non detectan sobrecarga nin sobrequentamento e se están en ámbitos axeitados ao seu deseño: as persoas tamén".

(Fonte: Atlántico Diario)