Vigo é a única cidade de España con muíños eólicos integrados na iluminación

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Vigo converteuse en cidade pioneira na aplicación de enerxías renovables na iluminación pública. A urbe é a única de España con muíños eólicos integrados na rede de iluminación e só existe unha experiencia similar na ponte do Milenio de Valladolid, pero cunha potencia real moi inferior á de Vigo. A enerxía que subministran os aeroxeradores nas zonas nas que se sitúan vai dende o 11 ao 35% e equivale ao consumo anual de seis fogares.

O Concello conta tamén con plantas fotovoltaicas en varias zonas e anunciou que conta ademais con estudos xa avanzados para introducir xeotermia en edificios municipais.

O rendemento en euros dos catro muíños xa en funcionamento é de 3.757, segundo os datos da concellería, mentres que o das instalacións fotovoltaicas se eleva a 13.272. A factura anual da iluminación pública en Vigo ascende a 3,38 millóns de euros.

(Fonte: Faro de Vigo)