A vacina do CiQUS aposta pola administración vía nasal

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Galicia podería converterse na comunidade española pioneira en lograr a vacina fronte ao coronavirus covid-19. En concreto, a investigación do grupo que dirixe José Manuel Martínez Costas no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS), en colaboración co grupo de Javier Ortego (CISA-INIA), avanza de maneira favorable en busca da inmunidade.

A seguinte fase será o inicio das probas en ratos, en colaboración cun laboratorio de Alemaña, que comezarán en breve. “Todo vai moi ben, aínda que, como adoita suceder en Ciencia, menos rápido do que nos gustaría”, asegura o investigador da USC. “Xa temos dúas versións feitas da vacina e mandámolas a Madrid para analizar”, explica o profesor Martínez Costas, que engade que, “alí, inxectaranas en ratos, probando a súa inmunoxeneicidade, antes de proceder a mandalas a Alemaña para realizar o ensaio preclínico en macacos”.

A proba nos monos é fundamental polas súas semellanzas xenéticas cos humanos, de maneira que os resultados do ensaio nestes animais resultarían magníficos para comprobar a eficacia da vacina sobre os seres humanos antes, ou mesmo durante, a súa proba experimental en humanos.

Aposta pola dose intranasal

Ademais do que sería a vacina convencional, este equipo do CiQUS aposta pola administración vía nasal. “O virus está e transmítese polas mucosas, polo que a vacina a través das mesmas é idónea”, comenta, aínda que admite que “non é tan duradeira como no caso da dose intramuscular”. A favor, está o feito de que “é máis sinxela de administrar”.

Con todo, o investigador asegura que “a unha e a outra son complementarias e pódense dar de forma combinada sen ningún tipo de problema, polo que non habería que excluír a vacina convencional”.

Fonte: El Correo Gallego