UVigo obtén o principio activo para un novo fármaco contra a osteoporose

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Investigadores da Universidade de Vigo obtiveron o principio activo dun novo fármaco que axudará a combater a osteoporose e que se desenvolverá grazas a un proxecto financiado polo Ministerio de Ciencia con 2 millóns de euros. O grupo especializado en síntese de moléculas de interese farmacolóxico que lideran os catedráticos Yagamare Fall e Generosa Gómez forma parte dun consorcio liderado pola empresa vasca Faes Farma, o CIC Biogune (Centro de Investigación Cooperativa de Biociencias) e o Instituto de Investigación Sanitaria Fundación Jiménez Díaz.

A proposta foi seleccionada na última convocatoria de I+D+i “Retos-Colaboración” do Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada aos Retos da Sociedade. O equipo, que pertence á área de Química Orgánica, acumula unha dilatada experiencia na obtención de moléculas contra o alzhéimer, o cancro ou a sida. E Faes Farma acudiu a eles para poder desenvolver o composto coñecido como eldecalcitol, autorizado polas autoridades sanitarias xaponesas desde hai uns anos e que demostrou aumentar a densidade mineral ósea e reducir o risco de fracturas.

“Unha empresa xaponesa sintetizou o eldecalcitol e comercialízao, pero non fóra daquel país. Faes Farma encargounos unha metodoloxía sintética que a mellorase e obtivemos unha patente internacional para o proceso de elaboración. Non é un traballo sinxelo porque require probar moitas rutas sintéticas e buscar vías que se poidan utilizar. Hai que controlar a estrutura molecular desde o principio até o final do procedemento e conseguir isto leva anos”, explica Yagamare Fall.

Fonte: Faro de Vigo