A UPV e Testea Pádel inauguran o primeiro laboratorio español con tecnoloxía para a calibración de pas de pádel

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

¿Canto nos vai durar unha pa de pádel? ¿Que potencia me achega? ¿É máis axeitada unha ou outra? ¿Por que? A partir de agora, todas estas preguntas terán unha resposta clara para os miles de xogadores de pádel que existen en España. O Instituto de Automática e Informática Industrial (Instituto ai2) da Universitat Politècnica de València (UPV) e a empresa Testea Pádel inauguraron o primeiro laboratorio de España con tecnoloxía para a calibración de pas de pádel e presentaron o primeiro sistema de validación dos parámetros de calidade desta ferramenta deportiva.

Marcas de primeira orde como Adidas, Nox, Head, Star Vie, Royal Padel, Kelme ou Cartri cederon material deportivo durante os últimos tres anos para o proxecto e mostráronse interesadas na implementación do sistema de calidade desenvolvido na UPV.

Coa axuda de tecnoloxías robóticas punteiras e a colaboración de xogadores expertos, o Instituto ai2 desenvolveu un sistema de calibración para o que analizou, tanto en laboratorio coma en pista, unha decena de parámetros relacionados coa xogabilidade das pas. As variables que se analizaron son: tacto que percibe o xogador cando golpea a bóla, a vibración que lle chega ao pulso, se a zona doce da pa é grande ou pequena, a potencia da pa, a saída de bóla, o bloqueo que permite a pa, a manexabilidade, a resistencia, a dureza dos materiais e a súa vida útil.

Robots "padelistas"

Os catro investigadores do Instituto ai2 que traballaron no proxecto programaron un robot de marca Stäubli para adaptalos ao estudo, usando sensores inerciais en diversos ensaios. Martín Melado, doutor enxeñeiro en Informática e investigador xefe do proxecto, comenta que "traballar con tecnoloxía robótica nos permite darlle aos movementos unha repetitividade moi exacta que sería imposible de conseguir mesmo cun xogador profesional. Temos unha precisión de décimas de milímetros, unha potencia moi homoxénea e unha posición de golpeo cunha repetitividade moi exacta para a análise dos parámetros que nos interesan. Os resultados, logo, comparámolos co funcionamento da pa en mans de xogadores expertos e, a partir de aí, extraemos unha escala de valoración para cada parámetro".

Jordi Piedra e Alicia Navarro, responsables de Testea Pádel, aseguran que "as marcas deportivas se centraron no proxecto porque realmente vían que era necesario un estudo deste tipo no sector que lles dese pistas tanto a elas como aos usuarios da calidade deste material deportivo". "O proxecto xurdiu porque nós, que somos xogadores e profesionais do pádel, vimos que o xogador de pádel tiña dificultades para ver que pa se adaptaba mellor ao seu xogo. Agora podemos dar un servizo tanto a eles coma ás marcas, que con este sistema de calibración de pas xa contan cunha ferramenta que lles permite ter uns controis de calidade de fabricación definidos e estándares".

Piedra adianta, ademais, que o seguinte paso é que "as futuras coleccións de pas de pádel se deseñen coa axuda de Testea Pádel, que esa certificación sexa visible para o usuario e todo iso poida derivar nunha futura norma UNE para o sector".

(Fonte: APTE)