Upplication, unha plataforma online creadora de apps para pemes

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Upplication é unha plataforma online creadora de apps para pemes, que pretende establecer unha canle de comunicación directa entre as empresas e os consumidores a través dos smartphones. A empresa, creada en 2012, atópase dentro do programa acelerador de startups Wayra de Telefónica.

En España só un 2% das pemes teñen unha app, a pesar de que existe a tecnoloxía necesaria para poder desenvolverse no contexto actual. Se os comparamos con Estados Unidos onde o 15% das pemes xa dispoñen dunha aplicación móbil, á adaptación tecnolóxica quédalle moita marxe de mellora. Isto foi o que pensaron en 2012 os tres creadores de Upplication. Mediante esta plataforma, "poñemos a disposición de calquera peme do planeta que se queira facer unha app unhas ferramentas moi sinxelas para que eles mesmos poidan creala", di a innovaspain.com Victor Rodado, cofundador e CMO de Upplication.

A empresa atópase no programa acelerador de startups de Wayra dende maio de 2014. Segundo Rodado colaborar con Wayra achegou a Upplication o punto de profesionalidade que lles faltaba, "axudounos a organizar ben a empresa,  asesorounos a través de mentores na comercialización e o desenvolvemento, e sobre todo púxonos ao alcance clientes máis grandes cos que non poderiamos concretar nada pola nosa conta". Ademais, afirma que lles outorgou moita visibilidade e unha boa imaxe de marca. Dende o principio, a publicidade e comercialización da empresa levábana a través de canles de captación escalables, como nos explica o cofundador dispararon o produto a través de todos os medios online, como Facebook, Linkedin ou adwords entre outros recursos que ofrece internet, para ver onde existía un maior retorno de investimento no mercado, estudándoo e analizándoo.

Un millón de euros conseguido

Segundo Victor Rodado, Upplication atópase nun punto no que logrou unha rolda de financiamento o suficientemente grande, en torno ao millón de euros, como para poder desenvolver o produto e levalo a un seguinte nivel de crecemento e internacionalización. Con presenza en Europa, Latinoamérica e Indonesia, queren aproveitar a gran cantidade de pemes existentes neses mercados para crecer como empresa.

Non obstante, no mercado natal aínda lles queda moito percorrido, como afirma Victor Rodado, "o problema que temos en España é que a adaptación tecnolóxica é moi lenta, e a día de hoxe só na metade das pemes teñen algo tan básico como unha web, que é como poñer un timbre na túa porta. Hai sectores nos que a adaptación é moi importante e ás pemes que llelo explicas enténdeno, pero queda moito por facer".

(Fonte: Innovaspain)