Unha empresa española crea un innovador dispositivo de análise xenética que identifica a causa do atraso mental

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

A empresa española especializada en análise xenética humana Genetadi Biotech desenvolveu un test xenético, denominado 'Neuroarray', que mellora o diagnóstico xenético do atraso mental idiopático, xa que permite identificar a causa da enfermidade do paciente cando todos os métodos diagnósticos anteriores resultaron negativos.
 
Esta nova tecnoloxía baséase na realización dun novo cariotipado molecular, coñecido tecnicamente como hibridación xenómica comparativa mediante microarrays, (aCGH segundo as súas siglas en inglés), e que, por exemplo, multiplica por dez as posibilidades diagnósticas nos casos de atraso mental idiopático, moi por enriba doutras técnicas existentes.
 
O novo dispositivo permitirá aos pediatras contar cunha nova ferramenta diagnóstica capaz de identificar centos de síndromes e enfermidades raras con base en alteracións xenómicas e cromosómicas relacionadas co sistema nervioso central, incluído os casos de atraso mental idiopático e cadros do espectro autista.
 
Isto supón que arredor do 33% dos nenos que antes non estaban correctamente diagnosticados poidan contar cunha identificación da súa enfermidade, posibilitando un tratamento axeitado. Ademais, o sistema emprega un escáner de alta resolución (dun millón de sondas) e un software propio para a interpretación dos resultados da análise.
 
Países como Holanda, Alemaña e Estados Unidos xa utilizaron este tipo de técnica no proceso de diagnóstico do atraso mental.
 
(Fonte: Spain Technology)