Unha empresa e tres centros de investigación desenvolven conxuntamente un mando para conducir o automóbil cunha soa man

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A empresa española Ficosa Internacional, o Instituto de Biomecánica de Valencia (IBV), o Centro de Estudos e Investigacións Técnica de Guipúscoa (CEIT), e a Escola de Enxeñeiros da Universidade de Navarra (Tecnum) desenvolveron de forma conxunta un prototipo de mando que permite conducir vehículos cunha soa man. Os seus responsables tratan de substituír o volante de sempre por un dispositivo manexable que pode ser empregado por persoas con problemas de mobilidade.
 
O novo mando permite o control dun vehículo, acelerar, cambiar de marchas e frear cunha soa man e o brazo. Para chegar a este deseño, os investigadores do IBV analizaron as necesidades que poden ter os condutores con mobilidade reducida na parte inferior do corpo ou con debilidade muscular, e estudaron sobre o que lles impide manexar un volante tradicional.
 
Á hora de deseñar o novo sistema, os investigadores españois eliminaron a tecnoloxía mecánica e aplicaron a tecnoloxía baseada na electrónica, que ofrece solucións máis versátiles. Tras a análise de todas as opcións, o deseño que presentará o IBV é un dispositivo ergonómico, manexable por un gran número de condutores, ao que se lle sumou varios motores que ofrecen ao usuario as mesmas sensacións que as dun volante tradicional. Desta forma, os condutores poden ter a mesma información que se conducisen nun coche normal.
 
O doado manexo e a seguridade foron os obxectivos prioritarios á hora de crear o dispositivo. As persoas con discapacidade física son un dos grupos máis beneficiados por este novo mando, pero tamén é adecuado para todo tipo de persoas.
 
(Fonte: Spain Technology)