Unha compañía galega crea o microchip máis pequeno contra as falsificacións

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

A compañía galega Tagtum creou un sistema contra a falsificación de artigos de tamaño reducido como xoias, reloxos, lentes ou estilográficas, que emprega o microchip máis pequeno do mundo para estas funcións, de apenas 3 milímetros, segundo informou o centro investigador en telecomunicacións Gradiant.

O devandito microchip emite un certificado por internet do produto no que se instalou, e que se pode ler a través dunha aplicación para os denominados teléfonos intelixentes.

Ademais de verificar a orixinalidade dun produto, este sistema permitirá rexistrar a súa propiedade, facilitar a súa recuperación en caso de perda ou acreditar a súa titularidade en todo momento para vendas de segunda man.

Ata a data, a implantación desta tecnoloxía estaba condicionada por un tamaño mínimo de chips de 30 milímetros de diámetro, o que impedía integralos en artigos de reducidas dimensións, explica a nota de Gradiant, que colaborou no desenvolvemento do novidoso sistema de autenticidade.

Polo momento, os seus creadores recibiron peticións de información dende multinacionais do pequeno electrodoméstico en Silicon Valley, en California, ata distribuidores potenciais en Grecia, segundo informan na nota.

(Fonte: Galiciae)