Un vehículo eléctrico máis limpo

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A compañía española Powertrack patentou un sistema de transmisión de potencia de alto rendemento que reduce custos e dá un paso de xigante a favor dos coches limpos.

A compañía española Powertrack fabrica unha tecnoloxía especial para dotar de maior eficiencia o vehículo eléctrico. Trátase dun sistema de transmisión de potencia de alto rendemento que permite ao coche desprazarse, dar marcha atrás, estar parado, arrancar e manter o motor sen necesidade de embragues, freos internos nin sistemas de control electrónico. Este novo concepto de 'transmisión verde' reduce custos e dá un paso máis a favor do sector dos coches limpos.

Tras varios anos de investigación e desenvolvemento no campo das transmisións e despois de lograr varias patentes internacionais, Powertrack consegue descubrir a tecnoloxía CVP para aplicala en diferentes sectores industriais.

A tecnoloxía CVP fundaméntase no Principio de Derivación de Potencia polo cal soamente unha fracción da potencia total de entrada é xestionada polo sistema. Desta forma, o módulo CVP é capaz de traballar con elevadas cargas e altas potencias dun xeito continuo e infinitamente variable, substituíndo os custosos sistemas electrónicos de variador de frecuencia empregados actualmente.

O negocio de automóbiles crece dunha forma exponencial. Só en España se matricularon 3405 vehículos híbridos entre xaneiro e abril de 2012. O sistema de Powertrack é un recente concepto de transmisión de potencia para estes vehículos, que inclúe unha maior adaptabilidade, versatilidade e eficiencia que o resto de sistemas existentes.

(Fonte: Spain Technology)