Un sistema remoto español promete un aforro enerxético do 60%

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A compañía española C3M ideou un avanzado sistema de control remoto, baseado na tecnoloxía cloud computing, que xa permite aforros de ata o 60% nas facturas da luz, a auga e o gas.

A eficiencia enerxética converteuse nunha tendencia á alza, máis alá da urxencia ambiental. A compañía española C3M inventou un innovador sistema de control remoto, baseado na tecnoloxía cloud computing, que permite aforros de ata o 60% no consumo de luz, auga e gas.

C3M Energy Manager funciona con éxito no sector da industria e os centros comerciais en países como Polonia, Alemaña, Italia, Portugal e India, ademais de España. A partir de novembro, chegará aos nosos fogares, prometendo unha revolución no aforro. O funcionamento do sistema é sinxelo. A firma instala analizadores nos cadros principais do fogar ou o centro de traballo e a continuación une ese dispositivo a unha rede wifi. A partir dese punto, inicia un control e avisa se hai un uso indebido da enerxía.

A empresa pode medir calquera tipo de consumo que funcione por pulsos, tanto electricidade, como auga e gas. Dispón dos topes deses consumos, observa as horas, cruza os datos e envía alarmas ao usuario por email, SMS e mesmo WhatsApp. O que tamén permite o sistema é a posibilidade de coñecer o importe dunha factura antes de que sexa emitida pola compañía correspondente.

O modelo de negocio de CM3 baséase en compartir os aforros xerados cos seus clientes e que os investimentos se amorticen cos propios aforros xerados.

(Fonte: Spain Technology)