Un 'panel solar' no interior do ollo para que os cegos vexan

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Uns 'superlentes', un miniordenador e un microchip implantado baixo a retina. Con estes tres elementos, a Universidade de Standford (Estados Unidos) desenvolveu un sistema co que se poderá devolver a visión a persoas afectadas por dexeneración macular ou retinose.

Non é o primeiro dispositivo electrónico que permite recrear imaxes para persoas cegas utilizando unha cámara que capta as imaxes que o ollo danado non vai e transmíteas cara a un implante no interior do ollo. Pero si é o único que elimina os aparatosos cables, baterías e antenas dos primeiros prototipos. Iso permitiralle ser un sistema máis lixeiro e doado de implantar.

O segredo deste novo sistema é o implante, un microchip que contén pixeis fotovoltaicos, unha especie de panel solar microscópico. Funciona como as placas solares que se instalan nun tellado, convertendo a luz solar en enerxía eléctrica. Pero en lugar de utilizala para dar corrente a unha casa flúe cara ao interior da retina. Estimúlaa e envía a información visual ao cerebro.

Maior resolución

As imaxes que capta a minicámara incorporada aos lentes, son procesadas e enviadas ao implante fotovoltaico con luz infravermella. Despois o implante converte a luz en enerxía eléctrica e estimula as neuronas da retina, enviando a información ao cerebro sen necesidade de cables. Cada unha das células fotovoltaicas é estimulada de forma individual polo que se pensa que se conseguirá unha imaxe con maior resolución que os outros dispositivos ensaiados.

De momento, este novo sistema só se probou no laboratorio, coas retinas de ratas ás que se lles destruíran os fotorreceptores do ollo, como acontece nas persoas que perden a visión por unha retinose. Os resultados publicáronse na revista Nature Photonics. O seguinte paso é probalas en ratas vivas.

(Fonte: ABC)