Un novo portal electrónico apoia o emprendemento no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

A Consellería de Economía e Industria promove o emprendemento no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) mediante un novo portal específico, a páxina Obxectivo Emprendemento TIC.

Dispoñible na dirección oetic.bicgalicia.es, constitúe unha nova ferramenta de información, aprendizaxe e apoio para emprendedores, promotores de proxectos e empresarios do sector das TIC de Galicia.

A nova web é unha guía estruturada para todos os emprendedores e profesionais do sector TIC galego. Recolle e organiza as múltiples fontes de información por seccións, buscando accesos aos diferentes contidos a través de enlaces aos sitios web de entidades ou organizacións especializadas nesa área de coñecemento.

O portal nace coa finalidade de contribuír a fomentar iniciativas emprendedoras TIC en Galicia, servir de fonte de actualización do coñecemento no campo deste sector, ofrecer información e contactos de interese para emprendedores e, en definitiva, ser un espazo de colaboración para o desenvolvemento de proxectos profesionais e un punto de encontro entre provedores e demandantes de produtos e servizos TIC galegos.

(Fonte: Xunta de Galicia)