Un invento obtén auga potable do aire

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A medida que pasan os anos, o problema da auga potable agudízase. As fontes de auga potable non son infinitas, e o crecemento da poboación mundial incrementa a demanda deste líquido indispensable.

A turbina WMS1000 de EoleWater é capaz de recoller a auga que se atopa no aire grazas a un condensador de humidade que equivale a un intercambiador de calor dun metro de ancho por cinco quilómetros de longo. É capaz de funcionar durante anos, producindo 1000 litros de auga potable ao día, sen perigo de esgotar a fonte nin contaminar o ambiente.

A idea de recoller a auga que contén o aire non é nova. Todos sabemos que na atmosfera se atopa unha porcentaxe variable de auga en suspensión. Un mozo francés, chamado Marc Parent, atopábase traballando na illa caribeña de San Bartolomé en 1997, e desenvolveu un sistema capaz de obter auga potable a partir da humidade que condensaba o aparato de aire acondicionado da súa vivenda. Ese foi o primeiro paso no desenvolvemento dun sistema que hoxe en día se atopa protexido por unha patente e que deu lugar a unha próspera empresa chamada Eole Water.

Un dos seus últimos inventos é unha turbina eólica, a WMS1000, que transforma a humidade do aire en auga potable a un ritmo duns 1000 litros por día. Ao ser impulsada polo vento non require de enerxía extra para funcionar nin contamina o ambiente. A turbina extrae a auga, fíltraa e logo remineralízaa. A empresa, que ten a súa sede na pequena localidade francesa de Sainte Tulle ten plans de construír modelos capaces de producir entre 5000 e 10.000 litros de auga potable diarios.

A turbina, que ademais é capaz de producir 30 kW de electricidade e soporta ventos de ata 180 quilómetros por hora, utiliza parte desa enerxía para facer funcionar o condensador de auga, que como podes imaxinar é moito máis grande que o que posúe un equipo de aire acondicionado caseiro. O condensador deste aparato equivale a un dun metro de alto por cinco quilómetros de longo, tamaño que lle permite producir a cantidade de auga potable mencionada.

O desenvolvemento desta turbina comezou en maio de 2010 e custou uns 2.1 millóns de euros. Nela traballaron uns 30 enxeñeiros e o proxecto foi apoiado por empresa do talle de Danfoss, Emerson, Siemens, Carel e Arcelor Mittal. O seu rendemento varía bastante de acordo á zona en que se instale o dispostivo, producindo soamente 350 litros de auga cando se atopa nunha zona desértica con temperaturas de ata 35 graos centígrados e humidade ambiente do 30%; ou uns 1800 litros diarios cando é instalada nunha zona costeira con temperaturas de 30 graos e unha humidade ambiente do 70%. En calquera caso, trátase dunha solución interesante para zonas nas que a auga potable é inaccesible, proporcionado ademais electricidade.

(Fonte: ABC)