Un equipo europeo inicia un proxecto sobre fármacos sustentables

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Acaba de poñerse en marcha a maior colaboración público-privada de Europa dedicada ao desenvolvemento e a produción de fármacos sustentables. Dirixido pola Universidade de Mánchester (Reino Unido) e GlaxoSmithKline, unha das empresas farmacéuticas máis importantes do mundo, o proxecto CHEM21 recibiu máis de 26 millóns de euros, en parte achegados pola Unión Europea.

O consorcio de CHEM21, composto por trece universidades e catro pequenas e medianas empresas (PEME), propúxose desenvolver substancias biolóxicas e químicas sustentables que sirvan como alternativas aos materiais finitos como os metais preciosos. Científicos e empresas empregan estes metais como catalizadores na produción de fármacos. Segundo o equipo de CHEM21, a integración da biotecnoloxía nos procesos de produción de fármacos reducirá a sangría de recursos do planeta e permitirá protexer o medio.

"Trátase dunha oportunidade única para que grupos académicos colaboren con empresas farmacéuticas e PEME especializadas co fin de desenvolver procesos catalíticos innovadores que se empreguen na síntese de fármacos", afirmou o profesor Nicholas Turner da Universidade de Mánchester. "Entendemos que os retos problemáticos deste tipo se resolven mellor a nivel paneuropeo, unificando as capacidades de múltiples grupos para crear un nodo científico de primeira orde mundial dedicada á catálise e á síntese de substancias químicas sustentables".

Os socios do proxecto crearán un nodo científico europeo que proporcionará a información máis actualizada sobre a produción ecolóxica de substancias químicas. Tamén crearán dosieres formativos dedicados a que os científicos do futuro conten cos medios necesarios para entender os principios da fabricación sustentable.

John Baldoni de GlaxoSmithKline declarou: "A mellora da sustentabilidade dos nosos procesos de fabricación de fármacos mediante colaboracións como CHEM21 non só reducirá a pegada de carbono da nosa industria, senón que ademais xerará un aforro que permitirá reinvestir no desenvolvemento de novos fármacos, ampliar o acceso a medicinas mediante unha redución de custos e xerar innovacións que transformarán e simplificarán o noso paradigma de fabricación".

No proxecto tamén participan socios de Bélxica, Alemaña, Francia, Países Baixos, Finlandia e Reino Unido.

(Fonte: Cordis)