Un consorcio liderado por Galicia desenvolverá tecnoloxía AnyWire para os sectores de transporte e sanidade con financiamento do Fondo Tecnolóxico Europeo

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Un proxecto presentado por un consorcio integrado por seis empresas e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) e liderado por Arteixo Telecom desenvolverá aplicacións e produtos sobre a tecnoloxía de conectividade AnyWire para os sectores de transporte e sanidade.

AnyWire permite transmitir simultaneamente por máis dun medio (coaxial, telefónico, eléctrico...), ofrecendo ademais a posibilidade de dobre canle, o que garante a fiabilidade das comunicacións.
 
Grazas ás características de conectividade, rendemento, fiabilidade, accesibilidade e nivel de integración, AnyWire resulta moi atractiva para o sector do transporte, en todas as súas modalidades: automoción, transporte de pasaxeiros e mercadorías por estrada, ferroviario, naval e aeronáutico. É adecuada, así mesmo, para o ámbito da sanidade e os servizos socio-sanitarios, onde a redución de custos e a mellora da calidade dos servizos son factores moi importantes.
 
Trátase do primeiro proxecto de I+D+i orientado a desenvolver aplicacións AnyWire para os sectores do transporte e sanidade, xa que esta tecnoloxía foi orixinalmente concibida para a conectividade dos dispositivos electrónicos no fogar (in-home), e ata a data os desenvolvementos circunscribíronse a este ámbito. O proxecto que lidera Arteixo Telecom permitirá a creación de novos nichos de mercado que permitirán a medio e longo prazo a explotación de novos produtos propios de alto valor tecnolóxico nos diferentes sectores involucrados, contribuíndo á xeración de negocio, á creación de emprego e ao posicionamento na vangarda tecnolóxica das empresas e entidades que participan no proxecto.
 
O obxectivo é desenvolver con AnyWire produtos e aplicacións pioneiras para cada un dos nichos de mercado. Para iso, definiranse os posibles escenarios e casos de uso para cada sector, tendo en conta as súas particularidades e limitacións. Igualmente, definirase unha arquitectura e especificacións adaptadas a cada ámbito, e validaranse as aplicacións mediante o desenvolvemento de varios demostradores funcionais.
 
Fondo Tecnolóxico
 
A participación do CDTI supón na práctica que a iniciativa se beneficiará dunha axuda de Fondo Tecnolóxico para o financiamento do 75% do presuposto, que supera os cinco millóns de euros.
 
Este apoio financeiro permitirá sacar adiante un proxecto de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) con AnyWire que reúne a entidades de tres comunidades autónomas españolas. Ademais de Airtexo Telecom e o CDTI participan Cablerías Auto, Castrosúa, Gigle Networks, Isotrol, Level Telecom e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG). Co consorcio colaboran ademais cinco centros de innovación: o Centro Tecnolóxico da Pesca (CETPEC), Gradiant (Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia), a Fundación TecnoCampus Mataró-Maresme, a fundación i2CAT e a Universidade Politécnica de Cataluña.
 
(Fonte: Network World)