Un cambio no proceso podería abaratar nun 20% o silicio dos paneis solares

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O silicio é un material fundamental nos paneis solares. Despois de ser tratado, presenta forma de lingote. Para obter as celas solares, o dito lingote córtase en finas láminas ou obleas que, despois de ser tratadas de novo, forman os paneis solares que coñecemos hoxe en día. ¿E se un cambio no proceso conseguise abaratalo un 20%?

Iso é o que din conseguir en 1366 Technologies, unha compañía dedicada á enerxía solar. ¿O seu lema? "Enerxía solar máis barata que o carbón". Pero ¿como o lograron? Segundo explica o seu propio CEO, cambiaron a forma de obter as obleas que mencionabamos antes.

En lugar de extraelas dun lingote, o que eles fan é fabricar as obleas á medida: fonden o silicio e danlle forma nun molde especial. ¿Tanto se aforra con este cambio? Si, segundo 1366 Technologies, que explica como case a metade dun lingote de silicio utilizado no método tradicional se desperdicia, converténdose en residuos e po. Ademais de necesitar menos silicio, a compañía asegura que o proceso (ao que chaman direct wafer) consume moita menos enerxía e tan só necesita unha máquina específica e non varias, como acontece co sistema tradicional. Todo iso cun 17% de eficiencia.

Con esta redución de custos, que chegaría a alcanzar un 20% por cada módulo de silicio cristalino, a compañía asegura que pronto conseguirán que a enerxía solar "sexa tan barata como o carbón e cambiará drasticamente a forma na que consumimos enerxía".

En 2016 comezarán a produción a grande escala das novas celas e xa hai varias instalacións solares que asinaron acordos para utilizalas.

(Fonte: Xataka)