Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Cinco enerxías do futuro que cambiarán o mundo

O mundo enfróntase nos próximos anos a unha revolución enerxética. Cinco enerxías do futuro poderían rematar coas guerras polos recursos e coa contaminación. É renovarse ou morrer.

Os alimentos do futuro

"Cando eu era pequeno, a comida era comida". ¿Cantos de nós oímos aos nosos pais ou avós falar da autenticidade dos produtos que consumían anos atrás? Seguramente a gran maioría. O certo é que en parte teñen razón, pois foi hai 70 anos cando os produtos químicos se comezaron a introducir na industria alimentaria.

Do hashtag ao cashtag

Nos seus comezos foron os propios usuarios os que marcaron o rumbo a Twitter. Para poder seguir unha conversación sobre un tema concreto, decidiron usar o símbolo de almofada (#) porque permitían crear unha áncora, enlazar e facer clic. Pronto o adoptaron como algo oficial, así naceron os hashtags.

O evento de tecnoloxía Betabeers chega a Tecnópole en outubro

O evento de tecnoloxía Betabeers celebrarase o próximo 26 de outubro en Tecnópole. Esta reunión mensual para desenvolvedores de servizos web ou apps móbiles chega por primeira vez a Ourense despois de ter pasado por outras cidades galegas, como Coruña, Santiago e Vigo.

O CDTI constitúe dúas firmas de capital risco con 150 millóns

O CDTI constituíu dúas firmas de capital risco cun total de 150 millóns de capital subscrito. O obxectivo é investir en pemes tecnolóxicas e contar coa colaboración privada para mobilizar entre 350 millóns e 400 millóns nos próximos seis anos.

A UE ofrecerá 170 millóns en microcréditos para emprendedores innovadores

A Unión Europea facilitará ata 170 millóns de euros en microcréditos para mozos con ideas innovadoras que non conten con activos suficientes para recibir préstamos polas vías convencionais.

O Hall da Innovación e a libre participación, principais novidades dos Premios Expobioenergía 2012

Os Premios á Innovación Tecnolóxica organizados por sétimo ano consecutivo por Expobioenergía renóvanse e actualizan. Como principal novidade a convocatoria ábrese a todos aqueles interesados en participar e que achegasen innovacións tecnolóxicas no campo da bioenerxía.

Encontro Internacional de Transferencia de Tecnoloxía en TIC SIMO Network 2012

No marco da Feria Internacional de Servizos e Solucións TIC para Empresas, SIMO Network 2012, a Fundación madri+d organiza os días 25 e 26 de setembro un Encontro Internacional de Transferencia de Tecnoloxía no Sector das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.

Tres mozos españois, entre os ganadores da Google Science Fair 2012

Tres estudantes de cuarto de secundaria no IES Batalla del Clavijo, en Logroño, crearon durante case catro anos unha base de imaxes de miles de fotografías e realizaron distintos experimentos para coñecer o comportamento dos microbios no medio acuático. Este proxecto foi galardoado cun dos premios de innovación Google Science Fair 2012.

¿Canto facturan as TIC en España?

O sector das TIC factura en España máis de 104.000 millóns de euros, case o 10% do Producto Interior Bruto do país segundo datos do Observatorio Nacional das Telecomunicacións e a Sociedade da Información (ONTSI) mentres que a Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Información, Telecomunicacións e Contidos Dixitais (AMETIC) rexistrou que son 17.725 millóns de euros.

O bioplástico escóndese no lixo

As cáscaras de patacas ou os restos do filete que tiran ao lixo os europeos poderían converterse na materia prima para a produción de bioplásticos, unha iniciativa do Sétimo Programa Marco da Comisión Europea pretende usar o refugallo municipal para xerar biopolímeros, a base dos bioplásticos.

O primeiro aeroxerador de eixe vertical fábricase en España

O Centro de Investigación de Recursos e Consumos Enerxéticos (CIRCE) da Universidade de Zaragoza (UZ) e a empresa Geólica Innovations-Kliux Energies inauguran o primeiro aeroxerador de eixe vertical, fabricado con tecnoloxía 100% española.

Páxinas