A UE publica as propiedades comprobadas de 67 nutrientes

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Comprar comida non é ir á farmacia. Aínda que a nutrición inflúe na nosa saúde, os beneficios dos nutrientes non son tantos como a publicidade nos quere facer crer. E a primeira lista de propiedades demostradas (e, polo tanto, aptas para ser incluídas nos anuncios) recoñecida pola Comisión Europea acredítao.

Esta relación é bastante curta (menciona 67 nutrientes, algúns obvios como vitaminas e minerais ou a auga), aos que relaciona menos de 220 propiedades. Para facerse unha idea da criba, a Comisión recibiu máis de 44.000 solicitudes que reduciu a 4637 unha vez agrupou as que eran iguais. Isto quere dicir que rexeitou 19 de cada 20 supostos beneficios. Na lista tamén se indica a mensaxe que poderá ir na etiquetaxe, e as cantidades que deben inxerirse para que esa alegación sexa certa.

No repaso ao aprobado destacan algúns beneficios obvios (os de vitaminas e minerais, algúns compoñentes do aceite de oliva, a auga e a fibra) xunto con outros máis dubidosos. O regulamento entrará en vigor o 14 de decembro de 2012.

Por exemplo, do ácido oleico especifícase que "a substitución de graxas saturadas por graxas insaturardas na dieta contribúe a manter niveis normais de colesterol sanguíneo. O ácido oleico é unha graxa insaturada".

A auga ten recoñecidas dúas: que contribúe "a manter as funcións físicas e cognitivas normais" e "á regulación normal da temperatura corporal. Iso si, hai que tomar dous litros ao día. Sobre os fitosterois, admítese que "contribúen a manter niveis normais de colesterol sanguíneo", se se toman 0,8 miligramos diarios.

Aínda que case tan interesante é o que non se nomea. Por exemplo, a soia non se menciona directamente nin algún dos seus supostos compoñentes beneficiosos (isoflavonas). Tampouco outros produtos que agora están de moda como a coenzima Q. Sobre os fermentos lácteos (lactobacilos), só di que "os cultivos vivos do iogur ou do leite fermentado melloran a dixestión da lactosa do produto" nas persoas con problemas para dixerir a lactosa".

(Fonte: El País)