A UE ofrecerá 170 millóns en microcréditos para emprendedores innovadores

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A Unión Europea facilitará ata 170 millóns de euros en microcréditos para mozos con ideas innovadoras que non conten con activos suficientes para recibir préstamos polas vías convencionais.

Debido á difícil situación económica, os mozos europeos con desexos de crear o seu propio negocio ven freadas a súas aspiracións ante a dificultade de obter un préstamo a través dos bancos. Por iso, a Unión Europea creou un mecanismo financeiro, Progress Microfinance, co obxectivo de ofrecer pequenos créditos a proxectos innovadores.

A Comisión Europea (CE) comunicou que, durante os próximos tres anos, a través deste programa facilitará ata 170 millóns de euros para financiar a creación de empresas innovadoras por parte de mozos que non dispoñen dos activos necesarios para recibir préstamos polas vías convencionais. Esta cantidade estará dispoñible a través dunha serie de entidades de microcréditos que recibiron garantías comunitarias. Os bancos públicos e privados, así como entidades crediticias que operan a nivel nacional, rexional e local, xestionarán os microcréditos.

Este proxecto xurdiu en 2010 grazas á colaboración entre o Banco Europeo de Investimentos e a CE, co obxectivo de financiar ás entidades de microcréditos que foron seleccionadas polo Fondo de Investimento Europeo. Debido ao seu bo funcionamento, Bruxelas propuxo que o proxecto se manteña ata 2020.

Progress Microfinance ofrece actualmente préstamos de ata 25.000 euros, co obxectivo de mobilizar un total de crédito de ata 500 millóns de euros, para que poidan ter acceso a estas vantaxes uns 46.000 emprendedores europeos.

(Fonte: Expansión)