TxStockData lanza unha app de peto dixital para facilitar o aforro

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Tras o exitoso lanzamento da súa app Senseitrade, capaz de recomendar os valores nos que convén investir utilizando a información que circula nas redes sociais, os fundadores de TxStockData presentan a súa nova aplicación para móbiles, CoinScrap. O peto dixital deseñado pola empresa de Tecnópole permite acumular o aforro de pequenas cantidades cada vez que se realiza un pago con tarxeta de crédito.

A idea xorde nun momento en que o 60% dos fogares españois non aforra. Mentres en 2010 a taxa de aforro se situaba no 14% da renda dispoñible no fogar, no primeiro trimestre 2017 esta descendera ata o 7,2%.

A aplicación de TxStockData sitúase no segmento das solucións fintech, coa expectativa de prover un servizo financeiro a través da tecnoloxía no que se prioriza a experiencia do usuario.

Segundo David Conde, CEO e cofundador da empresa, “con CoinScrap queremos democratizar o aforro, a través dunha ferramenta totalmente dixital e que se adapte ao estilo de vida de cada persoa”. O seu funcionamento baséase en redondear ao euro máis próximo calquera compra pagada con tarxeta, de forma totalmente automatizada e dixital.

Os redondeos xerados transfírense a un produto que a aseguradora Caser deseñou especialmente para ofrecer un servizo acorde coas necesidades dos usuarios, buscando simplicidade, flexibilidade e liberdade. A través de CoinScrap os aforros acumúlanse nun seguro de vida-aforro.

O usuario só ten que rexistrarse, crear un obxectivo financeiro (por exemplo, comprar un smartphone), axustar as súas preferencias (importe do obxectivo, duración, redondeos e achegas mensuais) e, finalmente, conectar unha tarxeta de pago (crédito ou débito) e/ou unha conta bancaria á app para permitir o cálculo de redondeos.

A priori, podería parecer que os redondeos non son suficientes para aforrar de forma significativa, pero “en base aos nosos datos, un usuario de 35 anos que comece a redondear aos 2 euros máis próximos e cunha achega mensual de 25 euros podería chegar a acumular ao momento da súa xubilación uns 54.000 euros”, comenta Conde.

Futuros desenvolvementos

Nesta primeira versión, CoinScrap só ten dispoñible a opción para aforrar a curto prazo, aínda que o obxectivo é axudar aos usuarios a aforrar para metas a longo prazo como a xubilación. Para iso, incorporarán novos produtos proximamente.

CoinScrap foi ganadora da aceleradora Galicia Open Future, apoiada por Telefónica, o que lles permitiu obter financiamento inicial de 25.000 euros en forma de subvención. Tamén recibiu e premio a mellor mozo emprendedor da Asociación de Jóvenes Empresarios de Vigo.

A empresa acaba de cerrar unha rolda de financiamento de 175.000 euros procedentes de bussines angels do sector financeiro e da sociedade de capital risco Xesgalicia. Entre os investidores destacan Blanca Hernández e Mónica Delclaux, CEO e directora financeira respectivamente da sociedade xestora Magallanes Value Investors SGIIC, con máis de 1700 millóns de euros baixo xestión.

A aplicación pódese descargar de forma gratuíta na App Store de iTunes ou en Google PlayStore.

(Fonte: Tstockdata)