Tres mozos españois, entre os ganadores da Google Science Fair 2012

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Tres estudantes de cuarto de secundaria no IES Batalla del Clavijo, en Logroño, crearon durante case catro anos unha base de imaxes de miles de fotografías e realizaron distintos experimentos para coñecer o comportamento dos microbios no medio acuático. Este proxecto foi galardoado cun dos premios de innovación Google Science Fair 2012.

O estudo, levado a cabo por Iván Hervías Rodríguez, Marcos Ochoa e Sergio Pascual, coa titoría do profesor Antonio Guillén, deu o salto internacional, tras participar nas dúas últimas edicións da feria DivulgaCiencia, financiada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e a Fundación Caja Rioja.

Mellorar o diagnóstico do cáncer de mama

As outras dúas categorías do Google Science Fair 2012 (13 e 14 anos e 17 e 18 anos), premiaron a dous mozos estadounidenses, John Kohn e Brittany Wenger. Os seus proxectos consisten nun dispositivo para persoas xordas que converte o son en vibracións táctiles e unha aplicación que compara os resultados médicos dun paciente cunha base de datos na nube para facer máis sinxelo o diagnóstico do cáncer de mama.

O proxecto de Wenger aproveita o poder da computación na nube para axudar aos médicos a diagnosticar de maneira máis precisa o cáncer de mama. A moza desenvolveu unha aplicación que compara os resultados dunha persoa individual cunha extensa base de datos aloxada na nube, permitindo aos médicos avaliar os tumores cun procedemento minimamente invasivo, sinalan en Google.

Os proxectos foron seleccionados de entre miles de propostas innovadoras procedentes dun centenar de países sobre temas de saúde, enerxía ou vida mariña, entre outros.

Os gañadores recolleron o premio xunto aos 21 finalistas na sede de Google en Mountain View (California).

(Fonte: SINC)