Tres innovacións verdes do 2017

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A innovación tamén se emprega para salvagardar o Medio. Estas son algunhas das novas tecnoloxías que se presentaron ao comezo deste novo ano e que teñen por obxectivo lograr maior eficiencia no uso de recursos como a enerxía e a auga.

Batería de diamante

Un diamante podería ser capaz de almacenar unha gran cantidade de enerxía a partir de residuos nucleares radioactivos. É un proxecto dun equipo británico con gran futuro, aínda que eles mesmos recoñecen que teñen aínda moitos problemas por solucionar, como son o tratamento da radioactividade, o almacenamento da enerxía, a vida das baterías e a súa resistencia.

Segundo a Universidade de Bristol esta batería de diamante podería superar os 7000 anos de autonomía. Tom Scott, que lidera o proxecto e está a cargo da realización do concepto, quere atraer a todos aqueles que estean interesados en achegar novas ideas e invítaos a compartir as súas propostas a través do hashtag #diamondbattery.

EauL'eau

Tendo en conta que dende 1970 a utilización media francesa por día e por persoa variou de 100 a 165 litros (dependendo do ano) e que a maior parte desta auga, do 35 ao 40%, vai parar á ducha, un equipo de investigadores de Grennoble decidiu desenvolver un dispositivo que axude a paliar esta progresión.

O dispositivo controla e optimiza o fluxo de auga grazas a un xogo de luces incorporadas á billa, que informa ao usuario dos diferentes niveis de consumo alcanzados durante a súa ducha, mentres que os LEDs de cores son alimentados pola forza da auga a través dunha turbina.

Batería medioambiental

A Unión de industrias térmicas, ventilación e refrixeración (Uniclima) francesa lamentou, no seu informe de perspectiva de 2017, a falta de atención ao tratamento do aire, o papel da ventilación e a importancia recuperar as calorías perdidas durante a extracción do aire.

A batería ambiental podería solucionar os mencionados inconvenientes. Lanzada a principios deste ano pola empresa Clauger, especializada en frío industrial, a batería aliméntase de contaminantes para producir refrixeración ou enerxía para a calefacción.

Como unha bomba de calor, a nova batería Clauger recupera as calorías perdidas á saída de extractores industriais, que se poden reinxectar para diferentes propósitos dependendo das actividades, o que permite aos fabricantes reducir o seu impacto enerxético e aforrar diñeiro.

(Fonte: EP)