Tres empresas españolas desenvolven un pioneiro verniz resistente á calor

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Chámase Codel e foi creado con nanopartículas. Resiste un 40% máis a calor que o resto de vernices, polo que se resolve un dos principais problemas de fabricación en mobles de cociña.
 
As firmas Portas Cocitur, Delta Cocinas e a compañía de nanotecnoloxía Avanzare crearon un novidoso verniz anticalorífico, Codel, que resolve un dos principais problemas de fabricación en mobles de cociña: a deterioración do polilaminado (PVC) ocasionado polas altas temperaturas e o vapor que desprenden os electrodomésticos.
 
Este novidoso verniz aplícase para acabados en mate e para acabados en brillo. Está formado por nanopartículas e destínase a cubrir o material das frontes e as portas de cociña. O verniz para acabados en mate eleva un 40% a resistencia do material á calor, mentres que o de brillo permite aos cantos tratados soportar temperaturas un 28% superiores. En ambos os dous casos, lógrase unha impermeabilización total que evita a deterioración do PVC pola exposición ao vapor e a humidade.
 
Ata agora, o material de cociña que se deformaba pola calor e o vapor só se corrixía mediante protectores de aceiro inoxidable para fornos. Non obstante, esa protección non podía aplicarse ao resto de electrodomésticos que xeran vapor e calor. Codel ofrece unha solución ao problema que ningún outro fabricante resolvera.
 
O verniz foi sometido a probas en superficies tratadas e sen tratar nun proceso de envellecemento por calor. Os resultados deste experimento foron verificados polo Instituto Tecnolóxico do Moble, Madeira, Embalaxe e Afíns (AIDIMA).
 
Non é a primeira vez que as firmas Portas Cocitur, fabricante de portas de polilaminado dende 1995, e Delta Cocinas, fabricante de cociñas dende 1989, unen as súas forzas para apostar pola innovación de novos produtos. En 2010, xunto ao estudio de deseño Estudiosat, lanzaron ao mercado Ártica, a primeira cociña con superficies en 3D.
 
(Fonte: Spain Technology)