A transformación dixital de pemes e autónomos, más fácil co Kit Digital

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Estas son as condicións que han de cumprir os autónomos e empresas para solicitar as axudas do programa Kit Dixital:

_Crear un usuario en AceleraPyme e completar os datos do apoderado e da empresa.

_Realizar o test de diagnóstico dixital en AceleraPyme. Un cuestionario para coñecer o estado de dixitalización das empresas solicitantes e cuxo obxectivo é estatístico, non condiciona a concesión da axuda nin as solucións que se poden elixir.

Ademais, tamén deben cumprirse outra serie de requisitos que terán que acreditarse na forma e cos medios que se determinen en cada convocatoria, como son os seguintes:

_Ter a consideración de pequena empresa ou microempresa.

_Estar inscrito no censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria ou no censo equivalente da Administración Tributaria Foral, reflectindo a actividade económica efectivamente desenvolta á data de solicitude da axuda, e coa antigüidade mínima que se estableza nas convocatorias.

_Non ter a consideración de empresa en crise.

_Estar ao corrente das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.

_Non estar suxeito a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

_Non estar incurso en ningunha outra das prohibicións previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

_Non superar o límite de axudas de mínimis (aquelas concedidas polos Estados membros da Unión Europea cun importe inferior a 200.000 euros).

Fonte: Cinco Días