Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A galega Coren é galardoada con 11 estatuíñas dos Premios Porc d’Or

A nosa comunidade foi a máis premiada nos galardóns anuais Porc d´Or, que recoñecen o traballo das granxas españolas de porcino máis punteiras do país. Dos 12 galardóns entregados en Galicia, 11 explotacións son da empresa ourensá Coren, líder do sector. Tal como explican desde a organización, os criterios empregados para outorgar os 45 galardóns de ouro, prata e bronce, son a Taxa de Partos, a de Lonxevidade e a de Produtividade Numérica.

Ourense participa na aposta por unha aceleradora téxtil galega (Roberto Verino)

Zona Franca de Vigo e o deseñador ourensán Roberto Verino presentaron as dez empresas seleccionadas para a primeira aceleradora téxtil que convocan, ViaTextil. O delegado do Estado, David Regades, e o deseñador anunciaron as firmas promesa e oficializaron o comezo desta formación. Ambos lembraron que o obxectivo do programa de aceleración é ofrecer un plan de empresa baseado na detección de oportunidades, proporcionar competencias e formación a medida por profesionais destacados do sector, encontros Networking e acceso a financiamento.

Bruxelas propón eliminar trabas ambientais para acelerar as renovables

O inverno de 2023 prevese o máis frío da historia da Unión Europea (UE). E non polas temperaturas, senón pola dificultade de encher as reservas de gas -Rusia cortou a billa-. Substituír a súa subministración pola doutros provedores podería ser inasumible, vistos os prezos do último ano. Hai alternativa? Bruxelas cre que si.

Aberta a convocatoria Generación Digital Pymes

O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial e a Fundación EOI, adscrita á Secretaría Xeral de Industria e PEME, publicaron dúas ordes ministeriais polas que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas, así como as primeiras convocatorias do Programa «Generación Digital Pymes», que forman parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Unha de cada tres pemes perde clientes tras un ciberataque

Sen dúbida, as pequenas e medianas empresas son os actores máis vulnerables ante un ataque informático, xa sexa por falta de protección ou medidas de prevención ou problemas para liquidar a ameaza. De feito, unha de cada tres pemes (32%) recoñece que perdeu clientes como resultado dun ciberataque, segundo o informe Ciberpreparación 2022 de Hiscox, aseguradora internacional especializada en empresas.

Falta talento dixital

A pesar de que a demanda de talento no mercado laboral ascendeu un 40% no último ano, só o 11% dos candidatos contan coas habilidades necesarias, segundo o informe Dixital Talent Overview 2022. Neste contexto, adaptarse e especializarse en tecnoloxías dixitais é decisivo, e máis se temos en conta que no último ano a procura de perfís dixitais aumentou un 7,8% en base ao barómetro mensual TIC Monitor, deVASS e o Centro de Predición Económica (Ceprede).

O teletraballo non veu para quedar

O teletraballo non veu para quedar, polo menos en España, xa que as cifras das persoas que traballan na casa é tres veces menor que en Irlanda, que é o país europeo no que está máis estendido. Segundo datos de Eurostat analizados por Funcas no último Focus on Spanish Society, Irlanda é o país europeo cunha porcentaxe máis alta de persoas que traballan “habitualmente” -alomenos a metade dos días traballados- desde a casa: un terzo dos ocupados de 20 a 64 anos (33%) facíao en 2021, unhas tres veces máis que en España (9,6%).

As compañías galegas intensifican os seus esforzos en sostibilidade

O Informe Europeo de Pagos de Intrum reflicte que, durante o último ano, o 64% das empresas galegas -60% en España- incrementaron significativamente os seus esforzos para ser máis sustentables. Unha das razóns desta maior implicación é que o valoran como un alicerce fundamental para manter os seus clientes, especialmente no que respecta aos criterios ambientais.

A Tecnópole cumpre 30 anos con máis de 100 empresas punteiras en 15 sectores

1.500 profesionais, dos que 1.300 contan con titulacións medias ou superiores. Máis dun centenar de empresas punteiras en 15 ámbitos de actividade empresarial como enerxía, biotecnoloxía, electrónica, tecnoloxías da información, téxtil ou medicina, entre outros. Cinco centros tecnolóxicos de investigación e un futuro no que hai dous proxectos clave: o Centro de Ciberseguridade da Xunta de Galicia e o proxecto piloto de eficiencia enerxética que o goberno galego pretende pór en marcha para que o parque sexa autosuficiente.

O vicepresidente da Xunta prevé que o Centro de Ciberseguridade de Galicia da Tecnópole estea construído en 2025

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou nun Café de Redacción de La Región. En relación a Tecnópole, referiuse á creación do Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia. “A previsión é que a construción estea rematada a finais de 2025”, afirmou.

As comunidades enerxéticas e o autoconsumo, opcións do Inega ás empresas para pagar menos luz

Cos prezos da enerxía disparados e sen visos de que a situación mellore, moitas empresas comezaron a buscar alternativas máis alcanzables ao seu peto para seguir acendendo a luz, sen verse abocadas a pechar as portas ao non poder facer fronte aos custos. Conscientes desta situación, Galicia Foro Empresarial celebrou un encontro no que participou Juan Ignacio Rodríguez, director técnico do Inega que, ademais de explicar as diferentes axudas que ofrece a Administración, tamén deu a coñecer alternativas para a transición enerxética que poden ir aplicando as empresas de cara ao futuro.

Aerocamaras volve recibir o indicador Ardán Empresa Gacela 2022 da Zona Franca

Por segundo ano consecutivo, Aerocamaras obtivo o indicador Ardán Empresa Gacela 2022. Este recoñecemento é outorgado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo desde 1995, a través dos estudos realizados polo Servizo de Información Empresarial Ardán. Estes indicadores teñen por obxectivo pór en valor a excelencia empresarial de compañías galegas que demostran competencias diferenciais na xeración de vantaxes competitivas e en base a iso son referentes na economía de Galicia.

Páxinas