Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Un radar agrupa as startups innovadoras de Galicia

Unha das claves para a expansión de pequenas empresas é dar co investidor adecuado que lle permita medrar. E as startup galegas contan xa coa ferramenta perfecta: un radar dinámico con información de cada unha delas, desenvolto por Linknovate, en colaboración con Startup Gal, o Clúster da Saúde e Bioga.

Muller e ciencia? Aínda hai escépticas

“Xa ninguén pon en cuestión a existencia dunha fenda de xénero internacional nas traxectorias educativas de nenas e mozas nos ámbitos científico-tecnolóxico”. Así de claro se expresa o Ministerio de Educación en Radiografía de la brecha de género en la formación Steam, o seu primeiro “estudo en detalle da traxectoria educativa de nenas e mulleres en España”. Pero, seguro que “ninguén”?

Tecnópole organiza unha xornada de portas abertas para que os traballadores do Parque coñezan a Aula Newton

Tecnópole está a organizar unha xornada de portas abertas á Aula Newton Galicia. Está iniciativa diríxese aos traballadores e traballadoras do Parque e tamén ás súas familias. Terá lugar o vindeiro 23 de xuño durante a mañá. Haberá un total de tres pases: de 10:00 a 11:15, de 11:30 a 12:45 e de 13:00 a 14:15 horas.

A empresa de Tecnópole Isos Digital é axente dixitalizador, facilitando que pemes, microempresas e autónomos accedan ao programa Kit Digital que promove o Goberno

A empresa Isos Digital, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole-, é unha consultoría especializada no eido da dixitalización. Son axentes dixitalizadores adheridos ao programa Kit Digital, un programa de axudas económicas do Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital que ten como obxectivo promover a transformación dixital das pemes, micropemes e autónomos, subvencionando a implantación de solucións dixitais dispoñibles no mercado.

Os drons, o aliado perfecto para protexer a naturaleza (Aerocámaras)

Entre as moitas aplicacións que teñen os drons, preservar os espazos naturais e reducir emisións daniñas ao ecosistema é a que máis nos afecta a todo o planeta. Cos obxectivos 2030 sobre a mesa, sen dúbida os drons son un grande aliado para alcanzalos. Estes dispositivos utilizan potentes sistemas de control, sensores e cámaras que lles confiren unhas capacidades extraordinarias. Poden monitorear grandes extensións de terreo permitindo a localización temperá de calquera incidente e solicitar tantos tipos de datos como necesitemos para entender o ecosistema.

Coinscrap Finance: como pode o sector asegurador aproveitar o potencial do open banking

Coinscrap Finance, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia, comezou en 2016 como un proxecto B2C que axudaba aos usuarios a mellorar a súa capacidade de aforro e planificación financeira. Aos poucos, foi pivotando cara a un modelo B2B2C, desenvolvendo produtos de marca branca moi escalables que se adaptan rapidamente ao deseño e experiencia de usuario do cliente. Ampliaron os seus servizos cara ao sector insurtech, ofrecendo solucións de comercialización de micro-seguros e microinversión baseados en open banking para que entidades financeiras e aseguradoras os integren.

Proteinleg, o proxecto que quere impulsar os cultivos fonte de proteína vexetal (Centro Tecnolóxico da Carne)

Máis de medio millón de euros ten de orzamento o grupo operativo Proteinleg para tratar de fomentar o cultivo de legumes que son fontes de proteína vexetal. Esta entidade leva xa un tempo traballando para buscar a forma de que plantar xudías, fabas, garavanzos, altramuces e guisantes sexa rendible e, ao mesmo tempo, deseñar novos alimentos, tanto para animais como para consumo humano, que sexan ricos nesa proteína vexetal.

As 20 maiores empresas de Ourense facturaron 2643 millóns no primeiro ano da pandemia

A macroeconomía indica que Ourense, a provincia coa taxa de actividade máis baixa de España e un grave problema de despoboamento e envellecemento -unha idade media de 51 anos e 40.000 habitantes menos no que vai de século- está no vagón de cola en Galicia en parámetros como o número de empresas, os ingresos de explotación e o valor engadido xerado, é dicir, a riqueza. Pero nalgúns sectores é referente, como o agroalimentario, o téxtil ou o da lousa, e un grupo de compañías apontoan o sistema produtivo.

A Xunta recibe 11 ofertas para executar as sendas na Medorra e Paiseo, en Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Paderne de Allariz, cun investimento de 1 M€

A Xunta recibiu 11 ofertas de empresas para a execución das novas sendas na Medorra e Paiseo, en Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Paderne de Allariz, que suporán un investimento de 1 millón de euros. O obxectivo desta contratación é a construción destes dous itinerarios peonís na marxe esquerda da estrada OU-101, que suman en total 2,8 km. No caso do itinerario na Medorra, discorrerá polos tres concellos, e a senda do Paiseo, polo termo municipal de Paderne de Allariz.

Tres millóns de euros para que as pemes do sector biotecnolóxico gañen tamaño a través da innovación

O Diario Oficial de Galicia publicou a nova convocatoria de axudas da Vicepresidencia primeira e consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación: o programa Consolida Bio. Dotado con tres millóns de euros -procedentes dos fondos REACT-UE- ten como obxectivo apoiar a consolidación das pemes do sector biotecnolóxico con menos de oito anos de antigüidade.

O custo dos ciberataques duplícase en España no último ano

Os ciberataques pasan factura. E que factura! Se en 2020 as empresas españolas sufriron danos que tiñan de media un custo de case 55.000 euros, en 2021 esta cifra duplicouse a máis de 105.000, segundo os cálculos do grupo de seguros especializados Hiscox. En España os ataques informáticos son especialmente virulentos e daniños, porque o custo supera mesmo a media mundial, que rolda os 78.000 euros por cada empresa. Máis da metade das compañías admite que foi vítima dun ciberataque ao longo do último ano.

Escasean os especialistas en intelixencia artificial

Un novo estudo de IBM revelou a magnitude do déficit de competencias en Intelixencia Artificial (IA) en toda Europa. A exhaustiva enquisa, na que se entrevistou a 3000 persoas entre empregados, empregadores e candidatos do sector tecnolóxico en Alemaña, España e Reino Unido, revela que o sector ten dificultades para atopar profesionais con coñecementos ou experiencia adecuados en materia de IA. Un déficit que pode minar a innovación dixital e frear o crecemento económico.

Páxinas