Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Tres empresas presentan ofertas para a redacción do proxecto do Centro de Ciberseguridade galego

A Xunta recibiu tres ofertas de empresas para a redacción do proxecto e dirección das obras do Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia, no Parque Tecnolóxico de Galicia (San Cibrao das Viñas), cuxa execución suporá un investimento de 4,2 millóns de euros.

Calcetíns aos pés de Galicia (Ximica)

Dunha experiencia traumática naceu unha firma xenial: Ximica, calcetíns unisex de algodón orgánico concibidos en Galicia, confeccionados en Portugal e enviados por todo o mundo a través do e-commerce pola súa fundadora, Ximena Lagoa Borges, unha creativa nacida en Caracas, Venezuela, e amante do país das rías.

Aerocamaras gaña un contrato para inspeccionar infraestruturas en Puerto Rico

A compañía española Aerocamaras adxudicouse a inspección e mantemento de diferentes infraestruturas en Porto Rico. Este contrato inclúe a supervisión de varias obras públicas, entre elas máis de 50 viadutos e estradas, entre outras zonas críticas.

Para estes traballos a compañía destinou drons de última xeración equipados cun software especializado para inspeccións técnicas. En canto a cargas de pago, os equipos levan incorporado un sistema Lidar, sensores de cámaras RGB de alta resolución e cámaras con zoom detalle.

A Lei de Áreas Empresariais de Galicia aprobarase en setembro

A Lei de Áreas Empresariais de Galicia, que actualmente se atopa en tramitación parlamentaria, someterase ao debate de aprobación definitiva no Parlamento o vindeiro mes de setembro. Coa súa entrada en vigor, espérase reducir a un máximo de nove meses o prazo para completar o asentamento de novos espazos industriais na Comunidade, incluída a súa urbanización e todo o necesario para o inicio da actividade. O trámite pode chegar actualmente até os 20 meses.

Os antídotos galegos contra a fast fashion

Tendas online low cost, cupóns de desconto cortesía das influencers, correos electrónicos xerando necesidades coas últimas tendencias a prezos sumamente baixos… Decenas de inputs convidan cada día a un consumo rápido, case impulsivo, e o sector da moda é un dos arroiados por esta tendencia.

O Campus de Ourense recibirá no novo curso unha relevante incorporación: o Grao en Intelixencia Artificial

A oferta de titulacións da Universidade de Vigo para o curso 2022/2023 vai medrar con dúas importantes novidades: Relacións Internacionais e Intelixencia Artificial, as dúas localizadas no Campus de Ourense. Igualmente, póñense en marcha na UVigo catro novos mestrados, en Enxeñería Biomédica; en Exercicio Terapéutico e Funcional en Fisioterapia; en Intelixencia Artificial e en Desafíos das Cidades.

Galicia é a segunda autonomía con máis electricidade renovable a pesar do freo eólico

Cada vez faise máis evidente a necesidade de impulsar novas estratexias e propostas lexislativas para alcanzar a neutralidade climática e reducir a dependencia dos combustibles fósiles. Ao longo de 2021 integráronse no sistema eléctrico do país uns 4500 novos megawatts (MW) de potencia renovable, “o que permite dar un paso máis no éxito da transición enerxética” -valora o operador do transporte da electricidade Redeia, o antigo Grupo Rede Eléctrica-.

Impulso á transformación industrial e dixitalización de pemes e autónomos galegos

Boas noticias para as pequenas e medianas empresas (pemes) e autónomos. O Goberno galego aprobou o lanzamento de dúas liñas de axudas por un total de 7 millóns de euros. En concreto, apoiaranse un total de 300 proxectos a través de dúas convocatorias: unha dedicada á dixitalización e a conectividade por 5,4 millóns, e outra para iniciativas de economía circular por 1,5 millóns.

As empresas de Galicia están entre as que más empregan tecnoloxías disruptivas en España

Máis do 21% das empresas TIC galegas utiliza ou incorpora Intelixencia Artificial a produtos ou servizos. Así o recolle o informe “Galicia Dixital. Tecnoloxías disruptivas nas empresas” que vén de ser publicado polo Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia (OSIMGA).

Intelixencia Artificial

Innovar? Ou non é prioritario ou é moi caro para as empresas

Desde a Administración autonómica incídese na innovación tecnolóxica como un dos “alicerces básicos do tecido económico” e, de feito, o Executivo galego desenvolve plans e estratexias ao redor dese factor. No entanto, numerosas empresas seguen vendo complicado afrontar ese desafío. Os argumentos varían e solápanse: porque teñen outras prioridades, porque esixe un investimento moi elevado ou porque falta persoal adecuado para abordar un novo produto ou mellorar un proceso, entre outros.

Trinta empresas innovadoras galegas van poder internacionalizar os seus produtos ou servizos coa axuda da Xunta e Tecnópole a través do programa “Galicia Avanza”

O programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas “Galicia Avanza” púxose en marcha como resultado da colaboración entre a Vicepresidencia primeira e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole). Nesta iniciativa van participar 30 pemes innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade, seleccionadas entre as 42 presentadas.

Tecnópole acollerá a primeira comunidade enerxética galega

O complexo de Tecnópole, situado en San Cibrao das Viñas, é o elixido pola Xunta de Galicia para implementar un proxecto piloto da que será a primeira comunidade enerxética galega, unha medida que se enmarca na Axenda Enerxética 2030, á que o Consello do Goberno autonómico deu o visto e prace. O investimento no espazo ourensán será de dous millóns de euros, e o proxecto contempla unha potencia instalada de dous megawatts para a xeración de 2500 megawatts hora cada ano.

Páxinas