Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Sonen Acústica recibe o premio do Círculo de Xóvenes Empresarios

Sonen Acústica, situada no Centro de Empresas e Innovación (CEI) de Tecnópole, foi distinguida polo Círculo de Xóvenes Empresarios de Ourense co Premio Novo Empresario 2011.

A Xunta priorizará os apoios aos proxectos que incorporen innovación para mellorar a competitividade

A Consellería de Economía e Industria concederá especial atención aos proxectos empresariais que incorporen innovación para mellorar a competitividade, segundo quedou de manifesto na xornada técnica sobre incentivos e axudas á innovación das pemes organizada polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) o pasado luns en Tecnópole.

Un proxecto de I+D+i de AIMEN permitirá soldar equipos industriais ata dez veces máis rápido

O centro tecnolóxico galego AIMEN lidera un proxecto de investigación financiado pola Unión Europea denominado 'Orbital' (Design, development and evaluation of an orbital laser welding head), cuxo fin é o desenvolvemento dun cabezal innovador de movemento circular, destinado á soldadura por láser en aplicacións industriais.

A primeira Factoría de Innovación ponse en marcha en Galicia

Vigo será a cidade que acollerá unha Factoría de Innovación en Galicia. O Consorcio Zona Franca e a Escola de Organización Industrial, xunto á Universidade de Vigo, son os organismos encargados da súa creación. Tratarase dunha institución destinada a fomentar nas pemes as solucións baseadas na I+D+i, conectando o labor investigador co empresarial, a través de propostas de produtos e procesos innovadores que melloren a competitividade das empresas.

O Clúster Tecnolóxico Empresarial Bioga prepara en Galicia un cumio de investidores vinculados á biotecnoloxía

O Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) prepara un cumio de investidores en Galicia para incentivar a aposta polas iniciativas empresariais vinculadas á biotecnoloxía.

PictoDroid, aplicación innovadora de tecnoloxía galega que mellora a comunicación das persoas con discapacidade

O Grupo de Tecnoloxías da Información da Escola de Enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, xunto con pedagogos do centro de educación especial Manuel López Navalón de Santiago, están a levar a cabo un proxecto de I+D+i para crear aplicacións para persoas que sofren algunha discapacidade, destinadas a facilitar as súas capacidades comunicativas a través do uso da telefonía móbil.

O sector aerospacial español: materiais compostos para o século XXI

Todos os principais fabricantes de avións, preocupados por reducir o consumo de combustible das aeronaves, foron adoptando progresivamente os materiais compostos en substitución das pezas metálicas tradicionais.

A escasa oferta limita o avance da biometría en España

O Instituto Nacional de Tecnoloxías de Comunicación (Inteco), dependente do Ministerio de Industria, publicou un informe no que analiza o panorama das tecnoloxías biométricas, aquelas que utilizan as características físicas ou de comportamento das persoas para o seu recoñecemento.

A crise económica dispara o número de auditorías enerxéticas para 2012

A actual crise económica e o previsible aumento da tarifa eléctrica, para a que a patronal do sector Unesa reclama ao Ministerio de Industria unha suba mínima do 15% o próximo ano, están a animar ás empresas españolas a levar a cabo plans de auditoría enerxética que lles permitan reducir os custos derivados dos seus procesos produtivos.

O tráfico de datos móbiles multiplicarase por mil ata o 2020

De aquí ao 2020, o tráfico mensual de datos móbiles podería multiplicarse por mil. O que para os consumidores é unha revolución no acceso a información e a forma de comunicarse, para as operadoras supón unha xigantesca dor de cabeza: como crear unha rede celular capaz de soportar tal avalancha de datos.

O primeiro máster en enerxía eólica de España ponse en marcha en xaneiro

"Este máster nace co obxectivo de converterse nun referente da educación superior eólica de postgrao a nivel mundial e de acompañar o desenvolvemento da eólica nos países hispanoparlantes". Así define Alberto Ceña, director técnico da Asociación Empresarial Eólica (AEE), o novo Máster en Enerxía Eólica que a UNED comezará a impartir o próximo 19 de xaneiro e que contará coa colaboración da Asociación.

Crean un carro 'intelixente' que identifica os produtos ao metelos nel

Un grupo de enxeñeiros da Universidade Politécnica de Valencia inventou un carro da compra 'intelixente', que identifica os produtos só con introducilos nel, polo que reduce o tempo empregado no supermercado e facilita o proceso da compra.

Páxinas