Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Xunta lanza tres unidades de investigación con CTAG e Aimen para a automoción do futuro

A automoción protagoniza a nova quenda de unidades mixtas de investigación (UMI) impulsadas pola Axencia Galega de Innovación (Gain) co obxectivo de facilitar o traballo en equipo dos centros de coñecemento e o tecido empresarial da comunidade fronte aos retos marcados na estratexia de especialización intelixente da economía rexional, a RIS3. Son tres da man do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e Aimen, xunto con varias das firmas máis representativas do sector no sur da rexión.

Empresas que traen a innovación ao sector agroalimentario galego

Co obxectivo de traer a innovación ao sector agroalimentario galego naceu hai xa algúns anos o Business Factory Food, a aceleradora do sector alimentario de Galicia impulsada pola Xunta e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga). Agora, este programa deu un paso máis e pon en marcha unha sección de consolidación, que xa elixiu aos seis primeiros proxectos. Estes poderán acceder a un programa de apoio integral e especializado de doce meses de duración.

A vacina galega, que suma novos apoios privados, a punto de iniciar ensaios en animais

A vacina galega contra o coronavirus liderada desde o Ciqus da Universidade de Santiago polo equipo de José Martínez Costas segue a ganar apoios, tanto públicos como privados. Se o proxecto se puxo en marcha nun principio cunha axuda inicial de 150.000 euros concedida polo Instituto de Salud Carlos III, do Ministerio de Ciencia e logo recibiu o respaldo económico do Banco de Santander, con 200.000 euros, agora acaba de obter unha achega de 20.000 euros por parte da empresa galega Urovesa, dedicada á construción de vehículos especiais de gran tonelaxe.

DATAlife, o hub de innovación dixital que lidera Bioga, porá a súa carteira de servizos a disposición do tecido empresarial a partir de outono

O hub de innovación dixital DATAlife foi presentado pola súa directiva aos axentes innovadores e aos protagonistas dos sectores produtivos aos que vai dirixido: biotecnoloxía, mar- industria, agroalimentación, forestal e saúde. A súa presidenta e tamén presidenta de Bioga, Carme Pampín, agradeceu o respaldo da Administración autonómica para pór en marcha o proxecto e puxo en valor o compromiso dos socios do hub.

Descobren unha tecnoloxía que mellora a eficiencia das células nai na medicina rexenerativa

Un equipo internacional de científicos descubriu unha nova tecnoloxía "rápida e sinxela" que permite conseguir células nai máis eficientes para a medicina rexenerativa, unha técnica que sería aplicable nas enfermidades nas que se sofre perda ou dexeneración celular. Mediante a introdución dunha molécula (o microRNA 203), o novo protocolo impulsa, tanto nun ser vivo como "in vitro", o potencial das células nai para que se especialicen en células adultas de distintos tipos, necesarias en numerosas afeccións musculares ou en alteracións do sistema nervioso.

Galicia activa un fondo de enerxía destinado a pemes e autónomos

Un novo fondo provisto con 17,15 millóns de euros permitirá a autónomos e pemes dotarse de enerxías renovables. O presidente da Xunta anunciou que se prevé mobilizar un investimento asociado de 41 millóns e xerar un aforro duns 9 millóns anuais en subministracións, ademais de reducir o consumo eléctrico nunha cantidade equivalente ao que gastan 38.000 fogares.

Podio para a autonomía en instalación e potencia total coa súa eólica

En 2019 a eólica aumentou en España en 2.243 megawatts (MW), situando o total instalado en 25.704 MW. Esta nova potencia pertence, principalmente, a proxectos resultantes da primeira e segunda poxa de 2017, pero tamén a plantas que operan a prezos de mercado, sen primas. Así figura no Anuario Eólico 2020 que fixo público a Asociación Empresarial Eólica (AEE), onde realiza unha análise da situación desta fonte renovable en España e o mundo.

A Xunta destina 1,7 millóns á iniciativa emprendedora feminina

A Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) destinarán 1,7 millóns de euros ao programa Emega de fomento da iniciativa emprendedora feminina, o que supón elevar os seus fondos un catro por cento nesta convocatoria.

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, e o reitor da USC, Antonio López, presentaron a iniciativa, que busca o “fomento do emprego” e incentivar a creación de novas empresas e a innovación nas existentes, ademais mellorar a conciliación, destacou López.

Un pequeno empuxón

A piscina e as instalacións deportivas de Tecnópole abren de novo ao público, con aforo limitado ao 75% da súa capacidade máxima

O Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- acaba de abrir ao público a piscina e súas instalacións deportivas, que están a disposición de calquera particular, familia ou grupo, ademais das persoas que traballan no Parque. A piscina permanecerá aberta durante todo o verán, ata o vindeiro 8 de setembro.

Iníciase o proceso de selección de empresas do programa Connect-19, a aceleradora de pemes especializada na comercialización de solucións fronte á COVID-19 impulsada por Tecnópole

O Parque Tecnolóxico de Galicia e a Xunta de Galicia teñen en marcha unha aceleradora de pemes innovadoras especializada na comercialización de solucións fronte á COVID-19. Neste programa, denominado Connect-19 (http://connect19.gal), poderán participar ata 20 pequenas e medianas empresas innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade. Xa se iniciou a fase de selección das propostas presentadas.

En marcha o primeiro campamento tecnolóxico online de Galicia, que promove Tecnópole

O Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- pon en marcha o primeiro campamento tecnolóxico de verán online de toda a comunidade, en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria. O T2W -Tecnópole Technological Workshops-, que ata o de agora era presencial, cumpre a súa oitava edición. As circunstancias derivadas da actual crise sanitaria levaron a redeseñar o seu desenvolvemento, adaptándoo á nova realidade.

Coren compra 400 toneladas de pataca para axuda social

O Grupo Coren adquiriu 400 toneladas de pataca aos agricultores da Limia durante o mes de maio, "co obxectivo de axudar a bancos de alimentos e outras entidades sociais a atender o grande incremento de demanda que están a rexistrar actualmente os comedores sociais por parte de familias que atravesan dificultades derivadas da crise", segundo informou o grupo cooperativista ourensán.

Páxinas