Termos claves dos emprendedores

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Os emprendedores utilizan unha linguaxe propia e se queres entender os termos que usan habitualmente, é importante que te informes e que te somerxas no mundo emprendedor.

1# Startup

Unha startup é unha empresa de recente creación, cunha vida de entre seis meses e un ano.

2# Lean startup

O termo Lean Startup foi creado por Eric Ries que, defíneo do seguinte xeito: "é Lean porque se trata de construír proxectos viables que inicialmente consuman menos efectivo que gasolina un chisqueiro. Pero, tamén que traten de aproveitar cada recurso ao máximo, xerando o mínimo desperdicio de recursos (tempo en particular)".

3# Canvas

O método Canvas foi ideado polo emprendedor suízo Alexander Osterwalder e é unha ferramenta de deseño de modelos de negocio que substitúe os Plans de Negocio tradicionais de centos de páxinas por unha folla do tamaño dun folio con nove apartados, nos que basicamente se trata de coñecer o noso cliente, saber que necesidades e darlle unha solución.

4# Crowdfunding

Pódese definir como unha forma de financiamento que se logra a través da cooperación colectiva de pequenos investidores. As plataformas de crowdfunding funcionan a través de internet e adoitan financiar proxectos ou iniciativas de persoas ou organizacións.

5# Pecha kucha

É unha forma de facer presentacións curtas e eficaces. Está composta por 20 diapositivas que se teñen que expoñer en 20 segundos cada unha. Utilízase nos eventos nos que hai moitos relatores.

6# Elevator pitch

É unha forma de presentar un proxecto por un emprendedor a un posible investidor ou cliente para captar a súa atención con ideas claras e concisas que se expresarán no tempo que tarda en subir un ascensor.

7# Networking

O networking é unha forma de coñecer persoas nun ámbito profesional para construír e coidar unha rede de contactos e dar a coñecer o teu perfil, o teu proxecto empresarial e as túas inquietudes profesionais.

8# Incubadora de empresas

Unha incubadora de empresas é unha organización deseñada para acelerar o crecemento de proxectos emprendedores a través de diversos recursos que adoitan incluír: formación, networking, coaching e mentoring.

9# Coworking

Un coworking é un espazo de traballo común que adoitan compartir varios emprendedores con proxectos distintos e nos que de forma natural se crean sinerxías e colaboracións entre os distintos negocios.

10# Business Angel

É unha persoa física ou xurídica que axuda coa súa experiencia ou financia novos empresarios nos seus proxectos emprendedores coa finalidade de obter unha ganancia desa empresa nun futuro.

11# Venture capital

Pode traducirse como capital risco e é un tipo de operación na que se achega capital a startups ou a empresas cun alto potencial de crecemento e en elevado nivel de risco a cambio dunha porcentaxe na empresa.

12# Emprendedor

Un emprendedor, é un soñador por excelencia, alguén que crea unha nova empresa porque lle apaixona o que fai e cre no seu proxecto. Un emprendedor identifica unha oportunidade de negocio onde outros non a ven e organiza todos os recursos necesarios para executar a súa idea e facela realidade. Un emprendedor vive e traballa con ilusión e motivación e aprende de cada un dos seus erros e acertos.

(Fonte: Innovaticias)