Teléfonos intelixentes que non necesitan recargarse

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O tema do consumo enerxético e a forma de producir enerxía é un dos grandes problemas da humanidade, o quentamento global, o cambio climático e o efecto invernadoiro son consecuencia do abuso que cometemos os humanos para xerar enerxía. Por esa e moitas outras lóxicas razóns é moi importante que novas investigacións como as feitas por Xapón e China atopando achados claves no desenvolvemento de dispositivos electrónicos que consumen moi pouca enerxía e que non necesitan carga.

Grazas ao uso de novos materiais denominados illantes topolóxicos, un equipo de expertos concibiu un xeito de xerar unha corrente eléctrica sen necesidade de enerxía externa. Desta forma, poderíase lograr que dispositivos que consumen un nivel ultra-baixo de enerxía non necesiten nunca dunha carga eléctrica.

O estudo puxo ao descuberto que os átomos de elementos non magnéticos nestes materiais illantes topolóxicos actúan como intermediarios entre as interaccións magnéticas doutros átomos, creando un sistema que non perde enerxía. Así, unha corrente eléctrica pode fluír deste xeito debido ás propiedades ferromagnéticas ou grazas á alta susceptibilidade ao magnetismo do material.

Os investigadores, que traballan principalmente no laboratorio xaponés Spring-8, utilizaron illantes topolóxicos ferromagnéticos. O material non é nin metal nin un illante, segundo a Universidade de Hiroshima, pero parece ter propiedades metálicas na superficie ou nos bordos, mentres que actúa como un illante no interior.

Este logro remóntase ao descubrimento en 1980 do Efecto Hall cuántico, no que unha corrente eléctrica flúe ao longo dunha interface sen perda de enerxía. Non obstante, iso require tanto dun gran campo magnético externo como dunha temperatura extremadamente baixa.

Os científicos seguen con perplexidade estes achados que poderían ser fundamentais no desenvolvemento de dispositivos eléctricos de baixo consumo de enerxía. "Con sorte este logro dará lugar á creación no futuro de novos materiais que operan a temperatura ambiente", afirma Akio Kimura, profesor da Universidade de Hiroshima e membro do grupo de investigación.

(Fonte: Agencias)