Telefónica e a Universidade de Vigo, xuntas desenvolvendo as redes 5G

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Telefónica, en colaboración coa Universidade de Vigo, Optar, Minsait e Gctio, desenvolveu dous casos de uso baseados nunha rede 5G autoxestionada co obxectivo de amosar as posibilidades do network slicing 5G ao aplicalo á produción de vídeo e ao coche conectado. En concreto, Telefónica apoiouse nunha rede 100% virtualizada para despregar dous servizos con necesidades moi diferentes.

O primeiro caso é un servizo de streaming de vídeo en Ultra Alta Definición que require grande ancho de banda e alta fiabilidade. Para iso, o network slicing permite garantir as velocidades de transmisión e a calidade de rede adecuadas para os usuarios deste servizo de vídeo. O segundo caso é un servizo de condución remota dun coche teledirixido no que as baixas latencias e a estabilidade nas mesmas son requirimentos esenciais. Da mesma maneira, network slicing proporciona unha capa de rede virtualizada específica para esta tipoloxía de servizos que asegura latencias baixas e estables na conexión.

En ambos os casos de uso empregáronse técnicas de machine learning que analizan de forma constante a calidade do servizo e de experiencia de usuario, ademais de ter a capacidade de previr unha posible degradación do servizo e, en caso de producirse, tomar en tempo real as accións necesarias para reestablecer a calidade. Isto é posible mediante o cambio a slices de maior calidade de experiencia ou aumentando os recursos virtuais de rede asociadas ao servizo.

Tal e como sinalou Mercedes Fernández, xerente de Innovación de Telefónica España, “grazas a este proxecto avanzamos na definición das futuras redes 5G autoxestionadas cuxo obxectivo é garantir que os clientes sempre gocen dunha calidade de experiencia óptima cando accedan a servizos 5G. Para iso, a rede adáptase de maneira dinámica, automática e en tempo real (filosofía Zero Touch) ás diferentes capacidades demandadas polo cliente, ligadas ao concepto de network slicing”.

Fonte: El Correo Gallego