Tecnópole

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
  • Xosé Antón Vila Sobrino é nomeado novo director do CITI

    O Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI) da Universidade de Vigo conta xa cun novo director. Trátase de Xosé Antón Vila Sobrino, profesor da Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense. Con dependencia orgánica e funcional da Vicerreitoría de Investigación, o CITI comeza unha nova etapa cunha nova dirección que se marca como obxectivo dinamizar a actividade do centro e sacar maior proveito aos seus recursos humanos, instalacións e dotación tecnolóxica.
  • Tecnópole finaliza o proceso de virtualización dos seus servidores

    Todos os servidores de Tecnópole se atopan xa na nube despois de finalizarse o proceso de aloxamento destes na infraestrutura de cloud computing de Conexiona Telecom, empresa TIC con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia.
  • Empresas de Tecnópole levan os seus produtos a feiras de referencia nos seus sectores

    A participación en feiras especializadas é unha das ferramentas de promoción máis eficaces para as empresas polo compoñente de contacto directo co cliente potencial que levan consigo. Nos próximos días, Conexiona Telecom e Contact Comunicación participarán en dúas das citas sectoriais máis relevantes nos seus sectores de actividade.
  • Tecnópole abre o período de recepción de proxectos para a Galiciencia 2011 ata o 23 de outubro

    Tecnópole abre o prazo de recepción de proxectos para a 'Galiciencia 2011' ata o 23 de outubro. Os equipos de estudantes de Secundaria aspirantes a expoñer na maior feira científica que se celebra anualmente en Galicia poderán facer chegar as súas propostas innovadoras ata esa data para competir no proceso que levará á selección dos 50 participantes definitivos.
  • Os emprendedores de Tecnópole teñen un 50% de desconto na inscrición para o Investment Readiness

    A Universidade de Santiago de Compostela organiza, en colaboración coa Xunta de Galicia, unha xornada para coñecer e debater dende diferentes ópticas todos os pasos que unha persoa emprendedora ten que dar para optimizar a busca de financiamento privado para o seu proxecto empresarial. Como entidade colaboradora de Inberso, os membros de Tecnópole teñen un 50% de desconto na cota de inscrición.
  • O Torneo de Tenis Interempresarial de Tecnópole celebra a súa terceira edición a finais deste mes

    As pistas de tenis da zona polideportiva do Parque Tecnolóxico de Galicia acollerán a finais deste mes de setembro a terceira edición do Torneo de Tenis Interempresarial de Tecnópole, unha competición por parellas que poderá seguirse a través do Twitter e que recollerá as súas mellores imaxes na galería en Flickr.
  • Egatel presenta os seus novos transmisores na feira internacional de referencia no sector do broadcasting media

    A empresa Egatel, situada en Tecnópole, presentou os seus dous novos transmisores de televisión na IBC 2011, celebrada estes días en Amsterdam. Este evento está considerado como a feira internacional de referencia no sector do broadcasting media (radio, televisión e outros medios de comunicación electrónicos).
  • Unipresalud instálase en Tecnópole

    A empresa Unipresalud, do sector da prevención de riscos e a saúde e seguridade laborais, instalouse en Tecnópole co obxectivo de ofrecer un servizo de proximidade ás entidades situadas no recinto.
  • Máis de cen empresas de Galicia e Norte de Portugal usan xa as ferramentas TIC do proxecto europeo ER-INNOVA

    Máis dun centenar de pemes do sector das enerxías renovables de Galicia e o Norte de Portugal están a usar xa as ferramentas desenvolvidas no marco do proxecto europeo ER-INNOVA para mellorar a súa capacidade competitiva. Os seus representantes, así como responsables doutras empresas, asociacións sectoriais e plataformas tecnolóxicas, asistiron o pasado xoves á presentación de resultados desta iniciativa transfronteiriza cofinanciada pola Unión Europea (UE) a través dos FEDER e coordinada por tres socios galegos e un portugués.
  • Tecnópole acolle unha xornada sobre oportunidades de financiamento de proxectos de investimento e de I+D+i

    O próximo día 19 de xullo terá lugar no salón de actos de Tecnópole unha xornada sobre oportunidades de financiamento de proxectos de investimento e de I+D+i. A sesión centrarase en dous programas que convocará proximamente o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), o FEDER-INNTERCONECTA e o INNPRONTA. En total, ambas as dúas convocatorias teñen unha dotación económica próxima a 500 millóns de euros.

Páxinas