Tecnópole

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
  • Tecnópole celebra o seu primeiro workshop sectorial centrado na biotecnoloxía

    Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole celebra o próximo 14 de marzo o seu primeiro workshop centrado no ámbito da biotecnoloxía. Nel daranse cita empresas e entidades para asistir a unha serie de relatorios especializados e coa opción de participar en roldas de contactos e coñecer o laboratorio de biotecnoloxía de Tecnópole. A asistencia é gratuíta e o prazo de inscrición está aberto a empresas e entidades de toda España.
  • O II Afterwork Emprega Talento reúne a máis de 150 mozos e directivos en Tecnópole

    O II Afterwork Emprega Talento, "Emprendemento, valores e liderado,", congregou este martes a máis de 150 mozos e directivos no Parque Tecnolóxico de Galicia - Tecnópole. Durante a xornada falouse dos valores do deporte na empresa e o emprendemento no sistema educativo e debateuse sobre que buscan as empresas nos mozos e viceversa. Esta iniciativa, impulsada pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, coa colaboración de Tecnópole, ten por finalidade crear un espazo de networking e intercambio de talento entre mozos e directivos.
  • Unha quincena de empresarios de Tecnópole comparten un xantar-coloquio con Paco Muro sobre o impacto da calidade directiva en tempos de crise

    Unha quincena de empresarios de Tecnópole compartiron a semana pasada un xantar-coloquio co presidente executivo de Otto Walter, Paco Muro, sobre o impacto da calidade directiva en tempos de crise. Este encontro, propiciado pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD), permitiu aos empresarios coñecer as actitudes máis axeitadas para enfrontar a súa función como directivos en situacións de dificultade como a actual.
  • Tecnópole acollerá na súa preincubadora a idea gañadora do Premio ao Mellor Proxecto Empresarial do Máster de Innovación da Uvigo

    A idea de negocio que resulte gañadora do Premio ao Mellor Proxecto Empresarial do Máster en Creación, Dirección e Innovación na Empresa da Universidade de Vigo poderá desenvolverse na preincubadora de Tecnópole. O proxecto vencedor presentarase este xoves na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense.
  • Tecnópole organiza 'Espectáculos de ciencia' para 8000 estudantes por toda Galicia durante os próximos catro meses

    Preto de 8000 estudantes en total participarán nos 'Espectáculos de ciencia' que Tecnópole organizará por toda Galicia durante os próximos catro meses. O primeiro deles, titulado 'Ciencia ou ficción', comezou este mércores en Ourense con dúas sesións e repetirase os próximos días en Lugo, Santiago, A Coruña e Pontevedra.
  • Hispamoldes inaugurará en abril a súa segunda fábrica en Marrocos

    O grupo galego Hispamoldes, con sede central en Tecnópole e especializado no deseño e fabricación de moldes para pezas exteriores e interiores do automóbil, inaugurará en abril a súa segunda factoría en Marrocos, segundo confirmou a empresa. A nova fábrica ocupará 1200 metros cadrados na Zona Franca de Tánxer, empregará 40 persoas no seu primeiro ano e dedicarase ao mantemento de moldes e ferramentas, así como á súa construción.
  • Redegal abre unha nova oficina en Vigo

    A empresa Redegal, con sede central en Tecnópole, acaba de abrir unha nova oficina en Vigo. Segundo os seus responsables, trátase dun paso estratéxico para crear sinerxías, afianzar relacións e atopar novos nichos de mercado onde ofrecer os seus servizos de tecnoloxía, baseados dende a súa orixe na innovación e orientados, na actualidade, ao desenvolvemento de solucións de comercio electrónico e aplicacións móbiles.
  • Coasa asegura a súa carga de traballo grazas a novos contratos de subministración para Airbus

    Coasa, a compañía do grupo vasco Aernnova que ten a súa fábrica no Parque Tecnolóxico de Galicia, asegura a súa carga de traballo grazas aos contratos de subministracións para Airbus. A compañía, que conta con 327 empregados e prevé facturar este ano 34 millóns de euros, participa no novo modelo de avión europeo.
  • T-Solar fabricará en Tecnópole 113.600 módulos de capa delgada de silicio amorfo hidroxenado para as dúas centrais que constrúe en Perú

    Grupo T-Solar, un dos principais operadores mundiais no mercado de xeración de electricidade de orixe solar fotovoltaica, acaba de asinar tres empréstitos por un total de 145 millóns de dólares cos que pecha o financiamento das dúas centrais fotovoltaicas de 44 MW que a compañía está a construír en Arequipa, ao sur de Perú.
  • Tecnópole recibirá o seu follower número 1000 cun regalo sorpresa

    A comunidade de Tecnópole na rede de microblogging Twitter non deixou de crecer desde a súa posta en marcha. Neste momento, son máis de 990 os seguidores de Parque Tecnolóxico de Galicia neste canal e para celebrar a inminente chegada do follower número 1000 enviaráselle un obsequio sorpresa á persoa que coincida con esa cifra.

Páxinas