A empresa Gaélica Solar, con sede en Tecnópole, presentou hai uns días na praia de Silgar (Sanxenxo, Pontevedra) o primeiro secador solar para bañistas alimentado por enerxía solar. Trátase dun innovador dispositivo que permitirá aos areais que o incorporen converterse en referentes en sustentabilidade polo seu funcionamento eficiente e totalmente respectuoso co medio.
A empresa Coasa, con sede en Tecnópole, multiplicou por cinco o seu número de traballadores nunha década e pasou de facturar 3 millóns de euros en 2002 a 36 millóns en 2011. O programa de televisión Desde Galicia para o Mundo estivo na súa factoría para coñecer as claves do seu éxito. Despois da súa emisión en televisión, o resultado xa se pode ver en internet.
A empresa Egatel, con sede en Tecnópole, estivo presente un ano máis na feira IBC, que tivo lugar do 6 ao 11 de setembro en RAI Amsterdam, co obxectivo de reforzar a súa presenza no mercado da radiodifusión.
As empresas de Tecnópole contan cun 20% de desconto na tarifa de asistencia a Emtech, a conferencia máis importante do mundo sobre tecnoloxías emerxentes, organizada pola revista Technology Review, do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT).
O evento de tecnoloxía Betabeers celebrarase o próximo 26 de outubro en Tecnópole. Esta reunión mensual para desenvolvedores de servizos web ou apps móbiles chega por primeira vez a Ourense despois de ter pasado por outras cidades galegas, como Coruña, Santiago e Vigo.
As dúas décadas de traxectoria e o presente de Tecnópole-Parque Tecnolóxico de Galicia están expostos desde o pasado venres no edificio central da entidade a través dunha exposición de fotografía que permanecerá aberta ata finais de ano.
O próximo venres 13 de xullo ás 13.30 horas inaugúrase no Edificio CEI a exposición fotográfica realizada por Tecnópole para conmemorar o seu 20 aniversario cun percorrido en imaxes polo seu pasado e o seu presente.
Ricardo Escolano, traballador da empresa Coasa, é o gañador do III Concurso ‘Tecnoambiental’ na categoría de fotografía. A sección de vídeo, inaugurada este ano, tivo como vencedoras a Montserrat Rodríguez e Azahara Soilán, do CIS-Madeira. O concurso foi organizado por Tecnópole con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente.
O evento TEDxGalicia 2012 terá lugar o 30 de novembro no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole (Ourense), que se converte en anfitrión deste impactante formato movido pola vontade de compartir coñecemento e inspiración con motivo do seu 20 aniversario. O período de preinscricións comezou o 18 de xuño, coa expectativa de cubrir as 150 prazas dispoñibles en cuestión de días, como aconteceu coas dúas edicións anteriores.
Tecnópole presentará o seu servizo de Laboratorio de Biotecnoloxía na xornada 'Agroalimentación sustentable: oportunidades de negocio e financiamento' que terá lugar na sede de FEUGA (Santiago de Compostela) o próximo 28 de xuño. A xornada está organizada pola Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio ambiente (ENVITE) en colaboración coa Plataforma Tecnolóxica Galega Agroalimentaria (PTGAL).