Tecnópole

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
  • O 012 atendeu máis de 3,8 millóns de chamadas dende que abriu na Tecnópole

    O teléfono de atención e información ao cidadán da Xunta de Galicia (012) leva atendidas máis de 3,8 millóns de chamadas dende a súa posta en funcionamento no 2011. O centro de operacións deste servizo que se utiliza en toda a comunidade atópase no Parque Tecnolóxico de Galicia e está, de acordo co balance que realizou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, "consolidado" como a referencia telefónica dos cidadáns.

  • Tecnópole abre a súa web á difusión de ofertas entre as súas empresas

    A web de Tecnópole conta cunha nova sección orientada á difusión de ofertas entre as súas empresas. A partir de agora, calquera empresa ou emprendedor con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia poderá publicar as promocións especiais dirixidas ao resto de empresas domiciliadas aquí e/ou aos seus traballadores de forma totalmente gratuíta e a través dun sinxelo formulario.

  • Tecnópole e o consello Social da Universidade de Vigo inician unha nova liña de colaboración en divulgación científica

    Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole e o consello Social da Universidade de Vigo iniciaron unha nova liña de colaboración para levar a cabo iniciativas conxuntas de divulgación científica entre os máis novos. A posta en marcha desta alianza escenificouse co lanzamento dun globo estratosférico por parte dos alumnos das Aulas Tecnópole, ao que asistiron a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e conselleira delegada de Parque Tecnolóxico de Galicia, Patricia Argerey; o presidente do Consello Social da Uvigo, Ernesto Pedrosa; e o director xerente de Tecnópole, Ricardo Capilla.

  • A piscina de Tecnópole reabre con novidades tecnolóxicas

    Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole reabriu a piscina situada nas súas instalacións, en horario ininterrompido de 12 a 21 horas todos os días da semana. Durante as dúas primeiras xornadas o acceso foi gratuíto, para darlles a benvida de novo a todos os usuarios e usuarias que demandaban a reapertura da piscina.

  • Unha empresa de Tecnópole destaca no sector do renting tecnolóxico estatal

    Alugar mediante o sistema de renting baterías eléctricas para o autoconsumo ou software moi específico. Ese é o modelo de negocio que ten en marcha a financeira Infinitus Rent e que opera dende hai sete anos dende o Parque Tecnolóxico de Galicia.

    A súa aposta polo sector da especialización tecnolóxica e a industria 4.0 valeulle o recoñecemento do sector, xa que acaba de ser incluída na Asociación Española de Leasing e Renting.

  • O proxecto de loita biolóxica contra a avespa velutina gaña o primeiro premio da Galiciencia 2019

    O proxecto de loita biolóxica contra a avespa velutina desenvolvido por estudantes pontevedreses é o gañador absoluto da Galiciencia 2019. A proposta de Nuno Sinde e Pedro Fernández, do Colexio Internacional SEK-Atlántico de Poio, de combater esta especie invasora usando fungos foi o mellor valorado polos 40 membros do xurado entre os 50 proxectos que competían polo premio final, dotado con 1000 euros para financiar a súa participación noutra feira científica de carácter estatal, a Exporecerca 2020 (Barcelona).

  • O campamento de verán de Tecnópole abre o seu prazo de inscrición

    Parque Tecnolóxico de Galicia acaba de abrir o prazo de inscrición para unha nova edición do único campamento tecnolóxico de verán que se celebra en Galicia. Os Tecnópole Technological Workshops (T2W) chegan á súa sétima cita anual o próximo mes de xullo e a inscrición xa está aberta.

  • Agrobiotech impulsará a innovación en 12 pemes galegas dos sectores agroalimentario, biotecnolóxico e biomasa

    A aceleradora de empresas Agrobiotech, impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), e polo Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), acaba de concluír a selección das pemes galegas que aumentarán as súas capacidades de negocio grazas a este programa intensivo de apoio que desenvolverán de maio a novembro deste ano.

  • O director de Tecnópole detallará as oportunidades de negocio ligadas á tecnoloxía blockchain na XVII Conferencia Internacional de APTE

    O director xerente de Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, Ricardo Capilla, detallará as oportunidades de negocio para empresas ligadas á tecnoloxía blockchain durante a XVII Conferencia Internacional da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), que se celebra este xoves en Málaga da man do Parque Tecnolóxico de Andalucía.

    O Reitorado da Universidade malagueña congregará máis de 250 persoas de 13 nacionalidades, representantes de parques científicos e tecnolóxicos, empresas, entidades e expertos nacionais e internacionais en materia de blockchain

  • Akunatura organiza un curso sobre mantemento hixiénico-sanitario de instalacións de risco fronte a legionella

    A empresa Akunatura, instalada no Laboratorio de Biotecnoloxía de Tecnópole, organiza entre finais do mes de maio e principios de xuño un curso sobre mantemento hixiénico-sanitario de instalacións de risco fronte a legionella.

    O curso diríxese ao persoal encargado do mantemento hixieÏnico-sanitario de instalaciÛns sensibles, co obxectivo de que poidan tomar as medidas de prevencioìn e control ante o risco de infección por legionella. Ademais, adestraráselles nos protocolos de actuacioÏn especiÏficos en funcioÏn do tipo de instalacioÏn.

Páxinas