Tecnópole

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
  • Coasa cualificou 36 persoas no seu centro de aeronáutica

    O centro de formación da empresa ourensá Coasa especializado en aeronáutica formou 36 persoas dende o mes de novembro. Doce alumnos están a participar na terceira unidade formativa para desempregados e 24 persoas xa recibiron unha cualificación. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou en Tecnópole as instalacións deste centro de formación que Coasa abriu en outubro e onde se desenvolve esta iniciativa autonómica de formación nas empresas.

  • CIS-Madeira e Universidade de Vigo fomentarán a utilización de granito e madeira na construción

    A Xunta -a través do CIS Madeira-, a Fundación Centro Tecnolóxico do Granito e a Universidade de Vigo asinaron un acordo marco para a utilización de madeira e pedra natural nas infraestruturas da institución viguesa.

    O convenio busca o desenvolvemento e o emprego de novos tratamentos e materiais de madeira, pedra natural e novas técnicas construtivas. Ademais de promover o uso de produtos autóctonos, o obxectivo final é contribuír á innovación, a competitividade e a internacionalización das empresas galegas.

  • Agrobiotech presenta a súa terceira edición como unha canle para visibilizar o potencial dos sectores agroalimentario, biotecnolóxico e da biomasa galegos

    O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destaca que a aceleradora Agrobiotech é unha canle para visibilizar as capacidades e o potencial do sector agroalimentario, biotecnolóxico e da biomasa e transformalas en empresas e en emprego. Así o manifestou na presentación da terceira edición deste programa de impulso ao emprendemento que a Xunta desenvolve en colaboración co Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e o CIS Madeira.

  • O proxecto vencedor da Galiciencia 2018 gana o primeiro premio na maior feira científica de España

    O IES San Rosendo de Mondoñedo alzouse este sábado co primeiro premio do certame de investigación escolar Exporecerca’19 Jove, que se celebrou o pasado fin de semana en Hospitalet de Llobregat, Barcelona, grazas ao proxecto denominado Rebinxe (Recuperación da Biodiversidade na Xeografía Rural). O equipo de oito estudantes viaxara á Exporecerca como premio por gañar a Galiciencia 2018 con ese proxecto.

  • Tecnópole e CHUO inician unha nova liña de colaboración para a formación de facultativos en TECMEVA

    Parque Tecnolóxico de Galicia e Hospital Universitario de Ourense (CHUO) inician unha nova liña de colaboración que permitirá desenvolver unha programación continuada de formación biomédica avanzada, con sede no Centro de Novas Tecnoloxías Cirúrxicas Minimamente Invasivas (Tecmeva) situado en Tecnópole.

  • APTE conecta as ofertas e demandas de colaboración entre empresas e entidades dos parques tecnolóxicos españois

    A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) acaba de poñer en marcha un servizo online de intercambio de ofertas e demandas de colaboración procedentes de empresas e entidades situadas nos parques científicos e tecnolóxicos e na súa contorna.

  • O coworking do CIS Madeira busca proxectos de emprendedores

    O coworking de Ourense mantén aberta a convocatoria para incorporar proxectos empresariais. Trátase dunha iniciativa con sede no CIS Madeira, en San Cibrao das Viñas, que aposta pola promoción de novos proxectos empresariais innovadores.

    Búscanse prioritariamente aqueles que teñan que ver co sector da madeira, aínda que non se exclúen outras actividades. Na última edición, impulsada conxuntamente pola Xunta e a Escola de Organización Industrial, dependente do Estado, serviu para apoiar 18 iniciativas empresariais.

  • Os aspirantes a expoñer proxectos na Galiciencia 2019 teñen ata o 11 de marzo para presentar as súas ideas

    Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole abre o prazo de recepción de proxectos para a Galiciencia 2019 ata o próximo 11 de marzo. A cita coa maior feira científica de Galicia está fixada para os días 8, 9 e 10 de maio, coa saúde e os bos hábitos como temática central. Os proxectos relativos a este campo competirán polo premio da categoría especial do certame.

  • Aerocámaras organiza un curso homologado para converterse en piloto de drons

    A escola de formación de pilotos de drons de Aerocámaras, empresa con sede en Tecnópole, impartirá un curso en Ourense, que comezará o 28 de xaneiro e para o que haberá un desconto no prezo da matrícula.

    Constará dunha parte online e outra presencial que se desenvolverá os días 2 e 3 de marzo. Das 81 horas de dedicación que require o curso, 65 realízanse a través dunha plataforma e 16 de forma práctica.

  • O Centro Tecnolóxico da Carne prevé investir 2,7 millóns de euros en proxectos

    O Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), situado en Tecnópole, prevé investir en 2019 un total de 2,7 millóns de euros nos proxectos de investigación que desenvolve en colaboración con empresas agroalimentarias e institucións do sector.

    Durante o presente exercicio, o CTC ten previsto colaborar en polo menos 57 iniciativas de I+D+i. Sobre o seu balance de 2018, só no segundo semestre do ano desenvolvéronse 63 proxectos de I+D+i, case todos en colaboración con empresas e outras entidades do sector agroalimentario, cun investimento global mobilizado de case 22,5 millóns de euros.

Páxinas