O director xerente de Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, Ricardo Capilla, detallará as oportunidades de negocio para empresas ligadas á tecnoloxía blockchain durante a XVII Conferencia Internacional da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), que se celebra este xoves en Málaga da man do Parque Tecnolóxico de Andalucía.
O Reitorado da Universidade malagueña congregará máis de 250 persoas de 13 nacionalidades, representantes de parques científicos e tecnolóxicos, empresas, entidades e expertos nacionais e internacionais en materia de blockchain
A empresa Akunatura, instalada no Laboratorio de Biotecnoloxía de Tecnópole, organiza entre finais do mes de maio e principios de xuño un curso sobre mantemento hixiénico-sanitario de instalacións de risco fronte a legionella.
O curso diríxese ao persoal encargado do mantemento hixieÏnico-sanitario de instalaciÛns sensibles, co obxectivo de que poidan tomar as medidas de prevencioìn e control ante o risco de infección por legionella. Ademais, adestraráselles nos protocolos de actuacioÏn especiÏficos en funcioÏn do tipo de instalacioÏn.
Este próximo sábado día 4 de maio todas as familias e grupos de amigos de Ourense ou de calquera outro punto de Galicia están invitados ao espectáculo "A maxia da ciencia", organizado por Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole coa colaboración da Xunta de Galicia e da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt).
Un sistema de arranque intelixente para coches que se bloquea se estás bebido, unha cadea de comida rápida saudable, un invernadoiro de patacas para astronautas, un sistema ecolóxico de loita contra a avespa velutina, un casco con luces LED para evitar atropelos de ciclistas e bioplásticos de orixe orgánica son só algúns exemplos dos proxectos que participarán na Galiciencia 2019.
Tras tres anos de intenso traballo, o proxecto IoT@AS (Internet of Things & AgroSpaces), liderado por Egatel e xestionado co apoio de Tecnópole, inicia a fase de validación dunha innovadora plataforma aberta e intelixente para sistemas de telecontrol e xestión das zonas de rego agrícola, que resolve as problemáticas de interoperabilidade, eficiencia e conectividade dos sistemas existentes.
A empresa Infinitus Rent, situada en Tecnópole, acaba de ingresar como membro da Asociación Española de Leasing e Renting (AELR), que agrupa as empresas do sector máis relevantes do país. Para a tecnolóxica galega, isto supón un fito importante que consolida o seu modelo de negocio apostando por nichos relacionados coas novas tecnoloxías e a industria 4.0.
O estudio da fotógrafa Lena Repetskaya, con sede en Tecnópole, acaba de lanzar un novo servizo de fotografía para axudar a todo tipo de profesionais a mellorar a súa marca persoal a través da imaxe.
A práctica de exercicio físico leva consigo beneficios para a vida persoal e profesional, como un mellor manexo do estrés e o reforzo de habilidades sociais necesarias para contribuír a un ambiente laboral positivo. Estas foron algunhas das ideas compartidas por Iago Saco, graduado en ciencias da actividade física e o deporte e técnico deportivo no Tecnópole Sport Center, durante o primeiro almorzo tecnolóxico da tempada.
Tecnópole reanuda su calendario de desayunos tecnológicos con nuevas citas mensuales a partir del próximo 4 de abril. La primera cita de la temporada 2019 para tomar café con ideas nuevas en Tecnópole tendrá como tema central la actividad física como motor de una vida personal y profesional saludable.
El desayuno, que tendrá lugar este jueves a partir de las 9.30 en el Edificio CEI, está abierto a inscripción gratuita.
A empresa Aeromedia, cunha das súas sedes en Tecnópole, consolida a súa actividade pechando o mellor exercicio nos seus sete anos de traxectoria. Especializada na integración de sistemas embarcados e prestación de servizos con drons, incrementou os seus ingresos un 83% o pasado ano, ata os 950.000 euros, sobre todo pola área de inspeccións para a industria.