Tecnópole

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
  • Xesol Innovación posiciónase entre as finalistas do certame internacional South Summit

    Xa se coñecen as cen iniciativas finalistas da competición de South Summit 2019, entre as que figura a empresa Xesol Innovación, con sede en Tecnópole. O centenar de proxectos destacados foi elixido entre os máis de 3700 que se presentaron a esta edición, procedentes de países como Estados Unidos, Colombia, Israel, India ou Reino Unido.

  • Coinscrap pecha unha rolda de financiamento de 180.000 euros

    A plataforma de micro-aforro Coinscrap, fundada en 2017 pola empresa de Tecnópole TxStockData, pechou unha rolda de financiamento de 180.000 euros na que participaron Indexa Capital, Fernando Cabelo-Astolfi (Aplazame) e BBooster Ventures. Esta startup de orixe galega liderada por David Conde, Óscar Barba e Juan Carlos López ofrece unha plataforma para a planificación das finanzas persoais a través de regras de aforro automáticas e dos principios da economía conductual.

  • A delegada da Xunta en Ourense visita as renovadas instalacións da piscina da Tecnópole

    A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou a piscina de Tecnópole, reaberta desde o mes pasado en horario de 12.00 a 21.00 horas. Díaz Mouteira, que estivo acompañada do xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Santiago Álvarez, comprobou as obras de reparación, acondicionamento e reestruturación executadas antes da súa reapertura.

  • A Galiciencia, seleccionada finalista entre as dez solucións máis inspiradoras do mundo pola Asociación Internacional de Parques Tecnolóxicos

    A Galiciencia vén de ser seleccionada finalista entre as dez solucións máis inspiradoras do mundo pola Asociación Internacional de Parques Científicos e Tecnolóxicos (IASP). A feira científica de referencia en Galicia é organizada anualmente por Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (Fecyt).

  • A empresa de Tecnópole iforest gaña o segundo premio do concurso Start4Wood

    A empresa iforest, con sede en Tecnópole, gañou o segundo premio do concurso Start4Wood coa súa plataforma de dixitalización para a industria forestal e da madeira. O certame tivo lugar no marco da feira Asturforesta, no que outra empresa galega, Aleutos, se fixo co primeiro premio cunha aplicación para a xestión de parcelas denominada Smartwood.

  • Unha empresa da Tecnópole lanza unha app para que os empregados poidan fichar co móbil

    Unha aplicación móbil para que os empregados poidan fichar co smartphone. Este é o último lanzamento de Primux, empresa tecnolóxica que concibiu esta nova app no seu centro de I+D, situado no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole (Ourense).

    Esta ferramenta busca facilitarlles ás empresas, e en especial ás pemes, o cumprimento da nova normativa de control obrigatorio da xornada laboral dos seus traballadores.
  • O 012 atendeu máis de 3,8 millóns de chamadas dende que abriu na Tecnópole

    O teléfono de atención e información ao cidadán da Xunta de Galicia (012) leva atendidas máis de 3,8 millóns de chamadas dende a súa posta en funcionamento no 2011. O centro de operacións deste servizo que se utiliza en toda a comunidade atópase no Parque Tecnolóxico de Galicia e está, de acordo co balance que realizou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, "consolidado" como a referencia telefónica dos cidadáns.

  • Tecnópole abre a súa web á difusión de ofertas entre as súas empresas

    A web de Tecnópole conta cunha nova sección orientada á difusión de ofertas entre as súas empresas. A partir de agora, calquera empresa ou emprendedor con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia poderá publicar as promocións especiais dirixidas ao resto de empresas domiciliadas aquí e/ou aos seus traballadores de forma totalmente gratuíta e a través dun sinxelo formulario.

  • Tecnópole e o consello Social da Universidade de Vigo inician unha nova liña de colaboración en divulgación científica

    Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole e o consello Social da Universidade de Vigo iniciaron unha nova liña de colaboración para levar a cabo iniciativas conxuntas de divulgación científica entre os máis novos. A posta en marcha desta alianza escenificouse co lanzamento dun globo estratosférico por parte dos alumnos das Aulas Tecnópole, ao que asistiron a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e conselleira delegada de Parque Tecnolóxico de Galicia, Patricia Argerey; o presidente do Consello Social da Uvigo, Ernesto Pedrosa; e o director xerente de Tecnópole, Ricardo Capilla.

  • A piscina de Tecnópole reabre con novidades tecnolóxicas

    Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole reabriu a piscina situada nas súas instalacións, en horario ininterrompido de 12 a 21 horas todos os días da semana. Durante as dúas primeiras xornadas o acceso foi gratuíto, para darlles a benvida de novo a todos os usuarios e usuarias que demandaban a reapertura da piscina.

Páxinas