O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou durante a xornada México-Galicia: Visións compartidas, organizada por Roberto Verino no Parque Tecnolóxico de Galicia- Tecnópole, que a Xunta acaba de conceder axudas por máis de 7,5 millóns de euros a 330 novos proxectos de internacionalización empresarial en 53 países distintos a través do programa Galicia exporta Empresas.
A empresa galega Origo Biopharma, con sede en Tecnópole, ampliou capital para fortalecer a súa estrutura accionarial e gañar músculo financeiro para afrontar con garantías os traballos de investigación para o desenvolvemento en Galicia de varios fármacos de acción local contra o cancro colorrectal e a fibrose asociada á enfermidade de Crohn.
Esta compañía, fundada en 2017, é froito dos avances da biotecnolóxica galega GalChimia, con sede no Piñeiro (A Coruña), no proxecto IO4COLON, unha iniciativa que conta co apoio da Xunta.
A Federación Empresarial de Serradoiros e Rematantes de Maderas de Galicia (Fearmaga) celebrou en Ourense un curso sobre o secado da madeira e o seu tratamento térmico fitosanitario. O Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS-Madeira), situado en Tecnópole, acolleu esta experiencia na que participaron once profesionais do sector que ensaiaron técnicas destinadas a asegurar a calidade da madeira serrada e optimizar os procesos produtivos, cun enfoque eminentemente práctico.
Parque Tecnolóxico de Galicia acollerá o próximo 23 de setembro unha xornada titulada “Galicia-México/México-Galicia. Visións compartidas”, na que se explorarán as oportunidades comerciais, de negocio e de investimento entre ambos os territorios.
Antes da mesa redonda, presidida polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, terá lugar a presentación realizada por Raúl Beyruti, presidente do grupo Gin Group. Esta compañía, líder en Latinoamérica en administración integral de capital humano, acaba de abrir unha filial en España.
Parque Tecnolóxico de Galicia acaba de abrir a través da súa web o prazo de inscrición en Aulas Tecnópole e STEAM Kids Tecnópole, os seus cursos de formación en habilidades científicas e innovadoras para mozos de entre 8 e 18 anos. As prazas son limitadas e a matrícula, aberta ata o 30 de setembro, farase efectiva por orde de formalización.
Excelia, empresa tecnolóxica con sede en Tecnópole, e Dixtior, referente na vinculación de solucións tecnolóxicas ao ámbito financeiro, anunciaron o seu acordo de partnership.
As solucións de Dixtior céntranse nas áreas de governance, risk management e compliance, contribuíndo a unha xestión empresarial integrada a través de tecnoloxías innovadoras de última xeración.
Xa se coñecen as cen iniciativas finalistas da competición de South Summit 2019, entre as que figura a empresa Xesol Innovación, con sede en Tecnópole. O centenar de proxectos destacados foi elixido entre os máis de 3700 que se presentaron a esta edición, procedentes de países como Estados Unidos, Colombia, Israel, India ou Reino Unido.
A plataforma de micro-aforro Coinscrap, fundada en 2017 pola empresa de Tecnópole TxStockData, pechou unha rolda de financiamento de 180.000 euros na que participaron Indexa Capital, Fernando Cabelo-Astolfi (Aplazame) e BBooster Ventures. Esta startup de orixe galega liderada por David Conde, Óscar Barba e Juan Carlos López ofrece unha plataforma para a planificación das finanzas persoais a través de regras de aforro automáticas e dos principios da economía conductual.
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou a piscina de Tecnópole, reaberta desde o mes pasado en horario de 12.00 a 21.00 horas. Díaz Mouteira, que estivo acompañada do xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Santiago Álvarez, comprobou as obras de reparación, acondicionamento e reestruturación executadas antes da súa reapertura.
A Galiciencia vén de ser seleccionada finalista entre as dez solucións máis inspiradoras do mundo pola Asociación Internacional de Parques Científicos e Tecnolóxicos (IASP). A feira científica de referencia en Galicia é organizada anualmente por Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (Fecyt).