Tecnópole renova a súa adhesión ao sistema europeo de xestión ambiental

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Parque Tecnolóxico de Galicia vén de renovar a súa adhesión ao sistema europeo de xestión e auditoría ambiental (Regulamento EMAS), un procedemento voluntario que acredita unha xestión excelente das políticas de protección do medio ambiente e que esixe a superación de estritos controis cada tres anos, trámite que a Tecnópole acaba de pasar hai dúas semanas con éxito.

Esta acreditación súmase á certificación ambiental UNE-EN ISO 14001 que, xunto coa certificación de calidade UNE-EN ISO 9001, converteu en 2007 ao Parque Tecnolóxico de Galicia en pioneiro neste ámbito entre as entidades do seu ramo en España, con sucesivas renovacións positivas.

O compromiso da Tecnópole co medio ambiente materialízase ademais mediante unha activa política de concienciación entre as súas empresas, como o demostra a difusión dunha guía de boas prácticas que inclúe recomendacións exhaustivas sobre o axeitado uso da iluminación, a auga, os equipos informáticos, o aire acondicionado e a calefacción e medidas axeitadas de xestión de contaminación e residuos e consumo de produtos.
 
A isto súmase a organización de xornadas como a que tivo lugar este martes, Día Mundial do Medio Ambiente, non recinto do Parque Tecnolóxico baixo o título 'Desenvolvemento sustentable e empresa', en colaboración coa Cámara de Comercio de Ourense. O obxectivo desta iniciativa foi achegar os empresarios ás novas políticas de médio ambiente, como as referidas á xestión de residuos, a simplificación dos trámites e esixencias medioambientais ou os usos da auga.
 
Nela interviron o director executivo do Observatorio da Sustentabilidade de España, Luis Jiménez Herrero; a subdirectora xeral de Residuos e Solos contaminados da Xunta de Galicia, Verónica Tellado Barcia; e o director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez Iglesias.

(Fonte: Tecnópole)