Tecnópole recibe o Premio Innovación Tecnolóxica no ensino do CPEIG pola súa vocación na divulgación científica entre os máis novos

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) outorga o Premio Innovación Tecnolóxica no Ensino da “XII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia” ao Parque Tecnolóxico de Galicia pola súa aposta pola divulgación científica entre os máis novos, co fin de espertar vocacións e incentivar o seu espírito emprendedor.

Tecnópole desenvolve diversos proxectos e promove actividades como Galiciencia, a maior feira científica que se celebra en Galicia desde 2006, co obxecto de achegar a ciencia á sociedade. Tamén para achegar a ciencia e a tecnoloxía á mocidade, pero desde unha óptica artística e creativa, conta co programa STEAM Kids Tecnópole para escolares de 8 e 11 anos, e as Aulas Tecnópole, dirixidas ao alumnado de 12 a 18 anos.

E como actividade innovadora neste ano marcado pola COVID-19, a Tecnópole convocou este verán o primeiro campamento tecnolóxico online de Galicia, o T2W -Tecnópole Technological Workshops-, que até esta oitava edición fora presencial. Está enfocado a mozos de toda Galicia de entre 12 a 18 anos. Derivado deste campamento, o Parque Tecnolóxico de Galicia e Atresmedia acaban de lanzar unha plataforma educativa online de ciencia e tecnoloxía, STEAMbites, para rapaces de 8 a 16 anos de toda España.

Por outro lado, Tecnópole forma parte do proxecto “Ciencia e Tecnoloxía en feminino”, que promove a Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) e que busca animar ás nenas a estudar carreiras vencelladas a estes ámbitos.

Fonte: Tecnópole